Creatina

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Creatina
Remove ads

A creatina é un composto orgánico nitroxenado que aparece de forma natural nos vertebrados e axuda a fornecer enerxía ás células, principalmente ás musculares. Isto realízase converténdose en fosfocreatina, a cal incrementa a formación de adenosina trifosfato (ATP). A creatina foi identificada en 1832 por Michel Eugène Chevreul como un compoñente do músculo esquelético, e deulle o seu nome derivándoo do termo grego κρέας, kreas, carne. En solución, a creatina está en equilibrio coa creatinina, forma cíclica.[1]

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...
Remove ads

Biosíntese

Thumb
Creatina ionizada. A súa vida media é de 3 horas.

A creatina prodúcese no corpo humano a partir de aminoácidos, principalmente nos riles e fígado. Transpórtase por vía sanguínea aos músculos. Aproximadamente o 95% da creatina total do corpo humano está localizada no músculo esquelético.[2]

A creatina non é un nutriente esencial, xa que se produce no corpo a partir de L-arxinina, glicina, e L-metionina.[3], pero tamén se obtén dos alimentos. Nos humanos e animais, aproximadamente a metade da creatina almacenada orixínase a partir da comida (principalmente da carne).

O encima GATM (L-arxinina:glicina amidinotransferase (AGAT), EC 2.1.4.1Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine.) é un encima mitocondrial responsable da catálise do primeiro paso da biosíntese da creatina, que é unha reacción limitante, e se expresa primariamente nos riles e páncreas.[4] A partir de arxinina e glicina produce guanidinoacetato.

O segundo encima da ruta é o (GAMT, guanidinoacetato N-metiltransferase, EC:2.1.1.2Arquivado 25 de maio de 2011 en Wayback Machine.), que se expresa principalmente no fígado e páncreas,[4] e transforma o guanidinoacetato en creatina utilizando S-adenosil metionina.

As deficiencias xenéticas na ruta biosintética da creatina orixinan varios defectos neurolóxicos graves.[5]

Thumb
Ruta de síntese da creatina
Arg - Arxinina; GATM - Glicina amidinotransferase; GAMT - Guanidinoacetato N-metiltransferase; Gly - Glicina; Met - Metionina; SAH - S-adenosil homocisteína; SAM - S-adenosil metionina.
O esquema de cores utilizado é o seguinte: encimas, coencimas e a parte correspondente á Met, nomes dos substratos, a parte correspondente á Gly, a parte correspondente á Arg
Remove ads

O sistema da fosfocreatina

A creatina sintetizada no fígado e riles, é transportada por vía sanguínea e captada polos tecidos que teñen unha alta demanda de enerxía, como o músculo esquelético e o cerebro, utilizando un sistema de transporte activo. A concentración de ATP no músculo esquelético é xeralmente de 2-5 mM, o que serve para soster a contracción muscular durante só uns poucos segundos.[6] Durante os momentos de gran demanda de enerxía, o sistema ATP/fosfocreatina resintetiza rapidamente o ATP a partir de ADP utilizando a fosfocreatina (PCr), que é un derivado fosfatado da creatina. A reacción co ATP é reversible e está catalizada polo encima creatina quinase. No músculo esquelético, as concentracións de fosfocreatina poden atinguir os 20-35 mM ou máis. Ademais, na maioría dos músculos a capacidade de rexeneración do ATP da creatina quinase é moi alta e non é un factor limitante. Aínda que as concentracións celulares de ATP son pequenas, os cambios en dita concentración son difíciles de detectar porque o ATP está sendo continuamente rexenerado grazas ás grandes reservas de fosfocreatina e á actividade da creatina quinase.[6] A creatina ten a capacidade de incrementar as reservas musculares de fosfocreatina, incrementando a capacidade do músculo de xerar ATP e realizar unha actividade intensa sostida.[7] Para unha revisión do sistema da creatina quinase e as accións pleiotrópicas da creatina e a suplementación de creatina véxase .[8]

Remove ads

Efectos sobre a saúde

Uso como suplemento da dieta

A suplementación con creatina utilízana os deportistas e culturistas para gañar masa muscular, que xeralmente toman de 2 a 3 veces a cantidade que normalmente se obtería dunha dieta moi rica en proteínas.[9] A Clínica Mayo considera que a creatina está asociada con síntomas asmáticos e é perigosa para persoas alérxicas.[10]

Considéranse infundados algúns informes que indicaban que afectaba aos riles, fígado, hidratación, diarreas, tolerancia á calor ou cambras.[10][11][12][13] En 2004 a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) publicou un documento no que se establecía que o consumo oral a longo prazo de 3 g de creatina pura diarios era seguro.[14][15][16]

A administración a longo prazo de grandes cantidades de creatina incrementa a produción de formaldehido, que ten o potencial de causar efectos secundarios graves. Porén, este risco é máis ben teórico, xa que a excreción urinaria de formaldehido, mesmo cunha suplementación con creatina forte, non excede os límites normais.[17][18]

As numerosas investigacións levadas a cabo na última década mostran que a suplementación con creatina oral nunha dose de 5 a 20 g diarios parece ser moi segura e carente de efectos secundarios de importancia,[19] e mellora as prestacións do sistema muscular.[20][21]

Farmacocinética

En canto á súa farmacocinética, as concentracións de creatina plasmática endóxena nun adulto san están normalmente entre 2–12 mg/L. Unha dose oral de 5 g (5000 mg) orixina un pico na concentración plasmática duns 120 mg/L en 1–2 horas despois da inxestión. A creatina ten unha vida media para a súa eliminación bastante curta, de menos de 3 horas como media, polo que para manter un elevado nivel no plasma sería preciso tomar pequenas doses orais cada 3–6 horas durante todo o día. Despois dun período de 1–2 semanas tomando unha dose de 12-24 g diarios, xa non é necesario manter un nivel plasmático de creatina consistentemente alto. Cada persoa ten unha cantidade xeneticamente establecida de creatina que pode manter, e o resto é eliminado do corpo como un refugallo. O corpo consome a creatina bastante rapidamente, e se se quere manter unha concentración alta de creatina, a dose estándar é de 2-5 g diarios.[22][23][24]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads