Lynx rufus

especie de lince From Wikipedia, the free encyclopedia

Lynx rufus
Remove ads

Lynx rufus, coñecido na bibliografía internacional como lince vermello ou, en inglés como bobcat,[3]é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, unha das catro integradas no xénero Lynx.[4]

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Vídeo dun lince vermello (Lynx rufus) en Buckeye Tree
Artigo principal: Lince (zooloxía).
Thumb
Lynx rufus californicus

É unha das dúas especies de linces que habitan en América do Norte. A outra é o lince do Canadá (Lynx canadensis), que se encontra no norte do Canadá, en Alasca e nas rexións máis norteñas dos Estados Unidos. O lince vermello, pola contra, ten unha área de distribución moito máis ampla, xa que se encontra no sur do Canadá (desde o sur da Columbia Británica até Nova Escocia), en todos os Estados Unidos chegando até o sur de México (estado de Oaxaca).[4]

O lince vermello é un depredador adaptábel que habita en áreas boscosas, así como en ambientes semidesérticos, nos bordos urbanos, forestais e de zonas pantanosas. Hoxe en día permanece en parte da súa área de distribución orixinaria debido á competencia dos coiotes e dos animais domésticos.

Cunha pelaxe que varía da gris á marrón, e orellas rematadas nun penacho negro, este lince aseméllase ás outras especies do xénero Lynx de tamaño mediano. É máis pequeno, de media, que o lince do Canadá, co que comparte partes do seu territorio, pero é aproximadamente dúas veces máis grande que o gato doméstico. Ten barras distintivas de cor negra nas súas partes dianteiras, e unha cola curta rematada nunha punta negra.

Aínda que esta especie foi cazada extensamente polos humanos, tanto como deporte como para aproveitar a súa pel, a súa poboación demostrou ser resistente, aínda que diminuíu nalgunhas zonas. Este escorregadizo depredador aparece citado nas historias dalgúns pobos indíxenas (de América do Norte e Central), e no folclore dos colonizadores europeos.

Remove ads

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1777 polo médico, botánico e zoólogo alemán Johann Christian Daniel von Schreber,,discípulo de Linneo, nun traballo publicado en Die Säugethiere, 3 (25): pl. 109.B[1777]; ver tamén o texto en 3 (24):412[1777].[4]

Etimoloxía

O epíteto específico, rufus, nominativo do adxectivo latino rufus, -a, -um, "rubio", fai alusión á cor da súa pelaxe.

Subespecies

Describíronse as seguintes 13 subespecies:[4]

Notas taxonómicas

Houbo debates sobre se as catro especies de linces deben situarse no seu propio xénero, ou colocarse como un subxénero de Felis,[7][8] pero o xénero Lynx é actualmente aceptado.[4]

Por outra parte, a división nas subespecies mencionadas foi hai pouco tempo cuestionada, dada a falta de rupturas xeográficas claras nas súas áreas de distribución e as pequenas diferenzas que hai entre elas.[9] A última revisión da taxonomía dos gatos, en 2017, realizada polo Cat Classification Taskforce of the Cat Specialist Group, recoñece só dúas subespecies, baseadas en estudos filoxeográficos e xenéticos, aínda que o estado do lince mexicano (Lynx rufus oaxacensis) permanece aínda baixo revisión:[3][10]

Remove ads

Características

  • Peso: 6-20 kg
  • Lonxitude do cabeza e tronco: 50-120 cm
  • Lonxitude da cola: 9-25 cm.[10]

Dieta

Aínda que Lynx rufus prefire os coellos e as lebres, caza tamén insectos, galiñas, gansos e outras aves, roedores e crías de cervos. A selección das súas presas depende da situación e do hábitat, a estación e a abundancia. Como a maioría dos gatos, o é territorial e en gran parte solitario. Emprega varios métodos para marcar os seus límites territoriais, incluíndo marcas feitas cosa garras e depósitos de urina e de feces.[11][12][13]

Reprodución

Lynx rufus cría desde o inverno até a primavera, e o seu período de xestación é duns dous meses. As camadas son de 1 a 8 cachorros, e a súa lonxevidade é entre os 10 e os 17 anos.[10]

Galería

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads