85ª edición dos Óscar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A 85ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2012 dos Estados Unidos de América e celebrouse o 24 de febreiro de 2013. Durante a cerimonia, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. A cerimonia celebrouse no Dolby Theatre en Hollywood, California.[1] Seth MacFarlane foi o encargado de presentalos.[2]
Life of Pi gañou catro premios (o máis premiado da noite), incluíndo Mellor director para Ang Lee,[3] e Argo gañou tres premios, incluíndo Mellor filme.[3] Les Misérables tamén gañou tres premios; Django Unchained, Lincoln e Skyfall gañaron dous cada un. Outros gañadores da noite foron Silver Linings Playbook, Brave, Zero Dark Thirty, Anna Karenina, Searching for Sugar Man, Inocente, Curfew e Paperman con cadanseu premio. Jennifer Lawrence gañou o premio á Mellor actriz polo seu papel en Silver Linings Playbook,converténdose na segunda máis nova gañadora desta categoría.[3] Daniel Day-Lewis gañou o seu terceiro Oscar ó Mellor actor (máis do que conseguiu ninguén nunca) por interpretar a Abraham Lincoln en Lincoln.[4][5][6]
Remove ads
Gañadores e nomeados








Os nomeados da 85ª edición dos Óscar foron anunciados o 10 de xaneiro de 2013 no Samuel Goldwyn Theater en Beverly Hills (California) por Seth MacFarlane, presentador da cerimonia, e pola actriz Emma Stone. Esta foi a primeira vez dende 1973 (cando presentou Charlton Heston) que o presentador da cerimonia anunciou tamén ós nomeados.[7]
O filme que recibiu máis nomeamentos foi Lincoln con doce, seguido por Life of Pi con once.[8][9]
Premios
Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letras grosas.[10]
Predecesor: 84ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 85ª edición dos Óscar |
Sucesor: 86ª edición dos Óscar |
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads