Escorpións
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os escorpións ou alacráns son animais invertebrados artrópodos (con patas formadas por varios segmentos) que pertencen á orde Scorpiones estando encadrado na clase dos arácnidos.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Remove ads
Etimoloxía e orixes
O nome escorpión deriva do latín scorpio/scorpionis. Existen rexistros científicos da existencia dos escorpións hai máis de 400 millóns de anos. Segundo indagacións, foron eles os primeiros artrópodos que conquistaron o ambiente terrestre. Nesta adaptación, foilles moi útil a carapaza de quitina que compón o seu exoesqueleto e que evita a evaporación excesiva.
Actualmente están catalogadas preto de 1.600 especies e subespecies distribuídas en 116 xéneros diferentes en todo o mundo.
Remove ads
Ciclo vital
Os escorpións son animais terrestres que prefiren lugares secos ou húmidos e poden ser atopados en desertos, sabanas, bosques temperados e tropicais, en hábitats que poden ser debaixo de follas, pedras, madeiras, fendas de rocha, debaixo ou dentro de ladrillos, baixo entullos de calquera natureza ou mesmo baixo cascas soltas de árbores. Algunhas especies poden ser atopadas en dormentes de ferrocarrís, ao longo das praias, na zona entre mareas ou en cavernas.
Existen escorpións en todos os continentes, agás na Antártida. Atópanse especies nos Alpes suízos e Europa en xeral, en México, os Estados Unidos e o Canadá, en América do Sur en xeral, entre lixo e entullos das pequenas e grandes cidades, no Amazonas, en Oceanía, no norte do Mediterráneo, no Oriente Medio, na India, no norte e sur da África e Asia.
Son animais carnívoros e teñen xeralmente hábitos nocturnos e crepusculares, cando cazan e se reproducen. A súa alimentación está baseada en diversos insectos tales como grilos, escaravellos, cascudas, e tamén doutros aracnídeos como as arañas. Unha curiosidade é o feito de que, en tempos de escaseza completa de alimento, practican o canibalismo para sobreviviren, ou sexa, devoran os seus semellantes. Os escorpións poden pasar ata un ano sen comer e consumindo pouquísima auga, case nada durante a súa vida enteira.[Cómpre referencia]

Os predadores naturais do escorpión son diversos mamíferos, aves, sapos, lagartos, serpes, e nalgunhas ocasións os propios escorpións.
Remove ads
Reprodución
A reprodución da maioría da especie é monoica, ou sexa, non esixe a presenza de machos e femias, senón que algúns escorpións son partenoxenéticos, isto é, reprodúcense sen a necesidade da presenza do macho. Como noutras especies, hai unha danza nupcial que antecede o apareamento. O macho limpa o chan cos peites e deposita aí unha cápsula contendo espermatozoides (espermatóforo). Deseguida, arrastra a femia por riba dos espermatóforos co fin de que os reciba.
Os escorpións son vivíparos, ou sexa, non poñen ovos. Poden xerar de 6 a 90 crías e a incubación tarda de dous meses e medio a tres. As crías nacen completamente brancas, a través dunha fenda xenital. Fican pegados ao dorso materno de 10 a 14 días ata completarse a primeira muda (canto máis novo o esporpión, máis mudas fará) ata que consigan obter o seu propio alimento soíños. Alcanzan a idade adulta con cerca dun ano de vida.
Características
As súas cores varían do amarelo palla ao negro total, pasando por tons intermedios, como o amarelo-avermellado, vermello-amarronzado, marrón e tons de verde ou mesmo de azul.
O corpo dos escorpións está dividido en prosomo, mesosomo e metasomo.
- O prosomo (cefalotórax) é a rexión anterior, onde se atopan os ollos, os quelíceras, os pedipalpos terminados en quelas (pinzas), catro pares de patas e os pentes.
- O mesosomo é a rexión larga do corpo, onde se atopan as aberturas dos pulmóns e o opérculo xenital.
- O metasomo é vulgarmente coñecido como cauda ou rabo. Posúen unha estrutura cilíndrica cunha espiña na punta, chamada telson (ou ferrón), dúas glándulas de veleno e o ano.

Remove ads
Veleno e toxicidade
O ferrón do escorpión (chamado telson), alén de servir para agarrar a presa, defenderse e aparearse, inocula na presa un veleno. Este veleno contén unha serie de substancias cuxa composición química non está ben definida, pero que contén neurotoxinas, histaminas, serotonina, encimas, inhibidores de encimas e outras. Parece, segundo os investigadores, que as neurotoxinas actúan sobre as células nerviosas da presa (arañas e insectos) cunha certa especificidade, dependendo do tipo de animal.
É interesante saber que a toxicidade do veleno dun escorpión pode ser comparada co tamaño dos seus pedipalpos (o equivalente ao brazo humano do escorpión); canto máis robustos son os pedipalpos, menos veleno utiliza para as súas presas e canto menores eles foren, máis letal é o veleno do escorpión.[Cómpre referencia]
O veleno de escorpións do tipo Tityus serrulatus, que parece ser o máis tóxico de todos os escorpións, actúa sobre o sistema nervioso periférico dos humanos, causando dor, puntadas, aumentando a pulsación cardíaca e diminuíndo a temperatura corporal. Estes síntomas son máis acentuados en nenos, debido ao seu peso corporal, e, debido ás condicións físicas, en enfermos. Todos os escorpións son velenosos, porén non mortais para os humanos. A súa picada aseméllase en grao de toxidade ao da picada dunha abella.
O tratamento consiste na aplicación local na picada dun anestésico e soro antiescorpiónico (obtido de escorpións vivos). O tratamento debe ser hospitalario, preferentemente coa presentación do escorpión para facilitar o diagnóstico e o tratamento.
Remove ads
Previndo accidentes
Os escorpións só atacan o ser humano cando se senten atacados e en circunstancia de defensa. Antes de que ocorra un accidente con escorpións débense tomar algunhas medidas básicas para evitar o mesmo:
- Sacuda e examine calzados e roupas antes de usalos.
- Manteña limpos os locais próximos a vivendas evitando acumulación de lixo, entullos e materiais de construción.
- Manteña o hábitat familiar libre de cascudas, que son considerados como un dos principais alimentos dos escorpións nos centros urbanos.
- Non meta mans nin pés dentro de buracos, montes de pedras ou leñas.
- Use sempre calzados e luvas nas actividades rurais ou de xardinería.
- Use teas e xuntas en portas e ventás.
- Críe aves domésticas en zonas rurais, que actúan como predadores naturais.
- En áreas onde abunden os escorpións, manteña as camas a unha distancia mínima de 10 cm das paredes.
Remove ads
E se houber un accidente?
Se aínda así se produce un accidente con escorpións, primeiro débese evitar o pánico, lavar a zona con auga e xabón, aplicar compresas de auga morna e procurar atención médica.
O ser humano, despois de ser picado, pode ter hipotermia ou hipertermia, sudación profunda, visión borrosa, náuseas, vómitos, dor abdominal, diarrea, arritmias cardíacas, choque, taquipnea, edema pulmonar agudo, axitación, somnolencia, confusión mental e tremores, alén de inchazo e avermellamento no lugar da picada.
Saliéntase que a toxicidade do veleno depende de diversos factores, tales como a especie do escorpión (de 1.600 especies catalogadas apenas 25 son velenosas para o home); a cantidade de veleno inxectada; o tamaño e o estado físico da vítima.
Debe prestarse atención especial a nenos e enfermos: mentres que os nenos teñen máis posibilidades de envelenamento porque posúen menor masa corporal, os enfermos e vellos tamén caen nesta situación. Xa se constataron casos de persoas alérxicas ao veleno do escorpión, nestes casos o veleno actúa moi axiña, podendo levar a vítima á morte en pouco tempo.[Cómpre referencia]
É recomendábel a captura do escorpión para que sexa identificado máis rapidamente o antídoto a ser aplicado.[Cómpre referencia]
Remove ads
Mitoloxía
Eratóstenes (Catasterismos, 32) di que o xigante Orión intentou violar a Ártemis e esta creou un escorpión xigantesco que o matou. Logo Zeus transformou a ambos nas constelacións de Orión e de Escorpión, respectivamente. Outras versións din que o matou por ousar retarlle a lanzar o disco ou por violar a Opis, unha das virxes que acompañaban á deusa.
Hixino (Astronomía, II, 34) aínda recolle outra tradición, segundo a cal Orión vangloriábase de ser quen de matar a calquera animal co que se atopase, ante o que a Terra, indignada, fixo nacer ese inmenso escorpión, que acabou con el [1].
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads