Tamar Novas

actor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Tamar Novas
Remove ads

Tamar Novas Pita, nado en Santiago de Compostela o 3 de outubro de 1986, é un actor galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

A súa familia é de Figueiroa (Arzúa) e Melide[1]. Estudou Ciencias da Comunicación na Universidade de Santiago de Compostela.

A súa primeira experiencia interpretativa foi no ano 1999, na película A lingua das bolboretas, ás ordes de José Luis Cuerda. Pero o verdadeiro éxito e recoñecemento chegaríalle en 2004, da man de Alejandro Amenábar e a súa película Mar adentro. O seu papel nesta cinta, o de sobriño de Ramón Sampedro, valeulle un Premio Goya ó Mellor Actor Revelación, así coma o premio da Unión de Actores na mesma categoría.

A raíz da popularidade adquirida grazas a Mar adentro fixo un cameo na popular serie Siete Vidas (Telecinco) e máis recentemente fixo outra aparición capitular en Mesa para cinco (La Sexta). Tamén formou parte do elenco principal da primeira temporada da serie da TVG A vida por diante.

En 2008 colaborou nas serie Cuenta Atrás (Cuatro) e La Señora (TVE), participando en varios episodios desta última.

En 2009 rodouse a película Los abrazos rotos, protagonizada por Penélope Cruz e dirixida por Pedro Almodóvar, na que interveu.

En 2010 participou na segunda tempada de Acusados (Telecinco), no papel de Jaime Holgado.

Remove ads

Vida persoal

Vive en Madrid desde mediados da década dos 2000[1].

Desde o ano 2012 é a parella da actriz Belén Cuesta, a quen coñeceu durante a rodaxe de Bandolera[2].

Filmografía

Cine

Televisión

Fixo

Episódico

Premios e nomeamentos

Premios Goya

Máis información Ano, Categoría ...

Premios da Unión de Actores

Máis información Ano, Categoría ...

Premios Mestre Mateo

Máis información Ano, Categoría ...

Festival Internacional de Cine de Venecia

Máis información Ano, Categoría ...

Festival Internacional de Cine de Cannes

Máis información Ano, Categoría ...
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads