From Wikipedia, the free encyclopedia
España participa, ininterrompidamente, no Festival da Canción de Eurovisión desde 1961. Nesa primeira participación quedou en novena posición coa canción "Estando contigo" de Conchita Bautista. Desde 1999, España forma parte do "Big Four" xunto a Alemaña, Francia e o Reino Unido, ampliado con Italia en 2011 e denominado "Big Five".
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
España | |
---|---|
Estación membro | Televisión Española |
Final nacional | Ver artigo |
Aparicións | 58 |
Primeira aparición | 1961 |
Mellor resultado | |
Final | 1.º 1968 1.º 1969 |
Semifinal | 14º 1996 |
Peor resultado | |
Final | 26.º 2017 25.º 2013 23.º 1999 |
Semifinal | 14º 1996 |
Ligazóns externas | |
Páxina en TVE | |
Páxina de España en Eurovision.tv |
España gañou dúas veces o festival. A primeira no 1968, en Londres, coa canción "La, la, la" interpretada por Massiel e a segunda vez foi ao ano seguinte con Salomé interpretando "Vivo cantando".
España participou no concurso en 54 ocasións, gañando en 2 delas e quedando noutras 8 ocasións entre os 5 primeiros: en 1968, 1969, 1970, 1971, 1973, 1979, 1984, 1990, 1991 e 1995. Así mesmo, obtivo tres veces "0 puntos", en 1962 e 1965 (cun sistema diferente de votación), e en 1983, sempre empatando con outros países. No século XXI o mellor resultado de España en Eurovisión foi un 6.º posto en 2001, con David Civera e o tema Dile que la quiero en Copenhaguen. Entre 2005 e 2013 España quedou na metade baixa da clasificación coa excepción de 2012, cando a participación de Pastora Soler devolveu a TVE de novo ao "top 10". En 2014 en Copenhaguen, Ruth Lorenzo, con Dancing In The Rain, obtivo o posto nº 10 empatando con Dinamarca.
A retransmisión do festival é o evento non deportivo máis visto en España ano tras ano. Tras uns anos de boas audiencias nos anos noventa, o fenómeno Operación Triunfo coa participación de Rosa e a canción Europe's living a celebration, fai que o Festival do 2002 sexa o máis seguido desde que hai estatísticas fiables de audiencia. Os outros dous participantes que saíron deste concurso (Beth Rodergas e Ramón del Castillo) tiveron un bo seguimento no certame, así como unha boa posición. En 2008 tamén se bateu un novo récord de audiencia mediante a elección do polémico Rodolfo Chikilicuatre, personaxe de ficción interpretado por David Fernández Ortiz e incubado na canle privada La Sexta.
Moitas das cancións españolas que participaron no festival han ter un grande éxito en España e algunhas tamén no estranxeiro. Por outra banda moitos foron os cantantes españois que desenvolveron unha importante carreira posteriormente ao seu paso polo concurso. Algúns destes artistas son: Raphael, Julio Iglesias, Karina, Mocedades, Jaime Morey, Peret, Micky, Paloma San Basilio, Azúcar Moreno, Sergio Dalma, David Civera, Rosa López... Nos últimos anos son varios os artistas que deciden representar a España tras estar consolidados no mercado musical, como Soraya Arnelas, Pastora Soler ou El Sueño de Morfeo. Así mesmo, axudou a dar a coñecer e a que teñan unha carreira musical en España a artistas que levan un longo camiño andado, como é o caso de Daniel Diges, Lucía Pérez ou Ruth Lorenzo.
Desde 1999, catro países clasifícanse automaticamente para a final de Eurovisión, independentemente da súa posición na clasificación da edición anterior. Gañáronse esta condición especial por ser os catro maiores contribuíntes financeiros á UER (sen a cal a produción do Festival da Canción de Eurovisión non sería posible). Estes países son: o Reino Unido, Alemaña, Francia e España. Debido á súa condición de intocable no festival, estes países chegaron a ser coñecidos como o "Big Four". Cando Italia regresou ao concurso, en 2011, uniuse a este grupo, pasando a denominarse "Big Five".
RTVE, ao longo da súa participación no Festival, usou varias fórmulas para elixir o seu representante e á súa canción. Nos seus primeiros anos, foi a través de concursos musicais radiofónicos. En 1963, probaría, por primeira vez, a elección interna (un dos formatos máis recorridos). A mediados dos sesenta, utiliza concursos musicais con finais nacionais en teatros. Desde 1977 ata 1999 elixe os seus intérpretes e cancións de xeito interno; son artistas que empezan a triunfar na música, e moitos deles, hoxe en día, teñen fama mundial. Co cambio de milenio, volve aos concursos musicais; pero será no 2002 cando mellor explote a fórmula co concurso musical de éxito internacional Operación Triunfo. Esgotado o concurso, inícianse procesos en Internet para buscar o próximo representante. Nos anos 2012 e 2013, recorreu á elección interna como mellor método, acompañado dunha gala na que o público elixe a canción. No 2014, decidiu realizar unha gala para elixir o seu representante, entre 5 novos talentos. No ano seguinte, no 2015, usouse a elección interna de artista e tema, non usado desde o 2006. Nos seguintes dous anos 2016 e 2017, celebrouse un novo programa chamado Obxectivo Eurovisión e para elixir a do 2018 usouse de novo Operación Triunfo.
Ano | Sede | Cantante(s) | Canción (Música / Letra) | Final | Pts. | Semifinal | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2019 | Israel | Miki | La venda | 22 | 53 | ||
2018 | Lisboa | Amaia Romero e Alfred García | Tu canción | 23 | 61 | ||
2017 | Kíiv | Manel Navarro | Do It for Your Lover | 26 | 5 | ||
2016 | Estocolmo | Barei | Say Yay! (Peter Boström) |
22 | 77 | ||
2015 | Viena | Edurne | Amanecer (Thomas G:son & Peter Boström / Tony Sánchez-Ohlsson) |
21 | 15 | ||
2014 | Copenhaguen | Ruth Lorenzo | Dancing in the Rain (Ruth Lorenzo, Jim Irvin & Julian Emery) |
10[1] | 74 | ||
2013 | Malmö | El Sueño de Morfeo | Contigo hasta el final (David Feito, Raquel del Rosario e Juan Luis Suárez) |
25 | 8 | ||
2012 | Bakú | Pastora Soler | Quédate conmigo (Thomas G:son & Erik Bernholm / Tony Sánchez-Ohlsson) |
10 | 97 | ||
2011 | Düsseldorf | Lucía Pérez | Que me quiten lo bailao (Rafael Artesero) |
23 | 50 | ||
2010 | Oslo | Daniel Diges | Algo pequeñito (Jesús Cañadilla, Luis Miguel de la Varga, Alberto Jodar, Daniel Diges) |
15 | 68 | ||
2009 | Moscova | Soraya Arnelas | La noche es para mí (Jason Gill, Dimitri Stassos, Irini Michas / Felipe Pedroso) |
23 | 23 | ||
2008 | Belgrado | Rodolfo Chikilicuatre | Baila el Chiki-chiki (Rodolfo Chikilicuatre e amigos) |
16 | 55 | ||
2007 | Helsinqui | D'Nash | I love you mi vida (Thomas G:son, Andreas Rickstrand / Tony S.-Ohlsson, Rebeca Pous) |
20 | 43 | ||
2006 | Atenas | Las Ketchup | Un BloodyMary (Queco) |
21 | 18 | ||
2005 | Kíiv | Son de Sol | Brujería (Alfredo Panebianco) |
21 | 28 | ||
2004 | Istambul | Ramón del Castillo | Para llenarme de ti (Kike Santander) |
10 | 87 | ||
2003 | Riga | Beth Rodergas | Dime (Jesús María Pérez, Amaya Martínez) |
08 | 81 | ||
2002 | Tallin | Rosa López | Europe's living a celebration (Toni Ten / Xasqui Ten) |
07 | 81 | ||
2001 | Copenhague | David Civera | Dile que la quiero (Alejandro Abad) |
06 | 76 | ||
2000 | Estocolmo | Serafín Zubiri | Colgado de un sueño (Chema Purón) |
18 | 18 | ||
1999 | Xerusalén | Lydia Rodríguez | No quiero escuchar (Carlos López, Adolfo Carmona, Fernando Rodríguez, Alejandro Piqueras) |
23 | 1 | ||
1998 | Birmingham | Mikel Herzog | ¿Qué voy a hacer sin ti? (Alberto Estébanez / Mikel Herzog) |
16 | 21 | ||
1997 | Dublín | Marcos Llunas | Sin rencor (Marcos Llunas) |
06 | 96 | ||
1996 | Oslo | Antonio Carbonell | ¡Ay, qué deseo! (Antonio Carmona, Josemi Carmona, Juan Carmona) |
20 | 17 | 14 | 43 |
1995 | Dublín | Anabel Conde | Vuelve conmigo (Chema Purón) |
02 | 119 | ||
1994 | Dublín | Alejandro Abad | Ella no es ella (Alejandro Abad) |
18 | 17 | ||
1993 | Millstreet | Eva Santamaría | Hombres (Christian de Walden, Ralf Steinman, Carlos Toro / Carlos Toro) |
11 | 58 | ||
1992 | Malmö | Serafín Zubiri | Todo esto es la música (Luis Miguélez, Alfredo Valbuena / Luis Miguélez) |
14 | 37 | ||
1991 | Roma | Sergio Dalma | Bailar pegados (Julio Seijas / Luis Gómez Escolar) |
04 | 119 | ||
1990 | Zagreb | Azúcar Moreno | Bandido (Raúl Orellana, Jaime Stinus / José Luis Abel) |
05 | 96 | ||
1989 | Lausana | Nina | Nacida para amar (Juan Carlos Calderón) |
06 | 88 | ||
1988 | Dublín | La Década Prodigiosa | Made in Spain (La chica que yo quiero) (Enrique Piero / Francisco Dondiego) |
11 | 58 | ||
1987 | Bruxelas | Patricia Kraus | No estás solo (Rafael Martínez, Rafael Trabucchelli / Patricia Kraus) |
19 | 10 | ||
1986 | Bergen | Cadillac | Valentino (José María Guzmán) |
10 | 51 | ||
1985 | Gotemburgo | Paloma San Basilio | La fiesta terminó (Juan Carlos Calderón) |
15 | 36 | ||
1984 | Luxemburgo | Bravo | Lady, lady (Miguel Blasco / Amaya Saizar) |
03 | 106 | ||
1983 | Múnic | Remedios Amaya | ¿Quién maneja mi barca? (José Miguel Evóras / Isidro Muñoz) |
20 | 0 | ||
1982 | Harrogate | Lucía | Él (Francisco Cepero / Ignacio Román) |
10 | 52 | ||
1981 | Dublín | Bacchelli | Y solo tú (Amado Jaén) |
14 | 38 | ||
1980 | A Haia | Trigo limpio | Quédate esta noche (José Antonio Martín) |
12 | 38 | ||
1979 | Xerusalén | Betty Missiego | Su canción (Fernando Moreno) |
02 | 116 | ||
1978 | París | José Vélez | Bailemos un vals (Manuel de la Calva, Ramón Arcusa) |
09 | 65 | ||
1977 | Londres | Micky | Enséñame a cantar (Fernando Árbex) |
09 | 52 | ||
1976 | A Haia | Braulio | Sobran las palabras (Braulio Antonio García Bautista) |
16 | 11 | ||
1975 | Estocolmo | Sergio y Estíbaliz | Tú volverás (Juan Carlos Calderón) |
10 | 53 | ||
1974 | Brighton | Peret | Canta y sé feliz (Pedro Pubill Calaf) |
10 | 10 | ||
1973 | Luxemburgo | Mocedades | Eres tú (Juan Carlos Calderón) |
02 | 125 | ||
1972 | Edimburgo | Jaime Morey | Amanece (Augusto Algueró / Ramón Arcusa) |
10 | 83 | ||
1971 | Dublín | Karina | En un mundo nuevo (Rafael Trabucchelli / Tony Luz) |
02 | 116 | ||
1970 | Ámsterdam | Julio Iglesias | Gwendolyne (Julio Iglesias) |
04 | 8 | ||
1969 | Madrid | Salomé | Vivo cantando (María José de Cerato / Aniano Alcalde) |
01 | 18 | ||
1968 | Londres | Massiel | La, la, la (Manuel de la Calva, Ramón Arcusa) |
01 | 29 | ||
1967 | Viena | Raphael | Hablemos del amor (Manuel Alejandro) |
06 | 9 | ||
1966 | Luxemburgo | Raphael | Yo soy aquél (Manuel Alejandro) |
07 | 9 | ||
1965 | Nápoles | Conchita Bautista | Qué bueno, qué bueno (Antonio Figueroa Egea) |
15 | 0 | ||
1964 | Copenhaguen | Los TNT | Caracola (Fina de Calderón) |
12 | 1 | ||
1963 | Londres | José Guardiola | Algo prodigioso (Fernando García Morcillo / Camillo Murillo Janero) |
12 | 2 | ||
1962 | Luxemburgo | Víctor Balaguer | Llámame (Mario Selles / Miguel Portoles) |
13 | 0 | ||
1961 | Cannes | Conchita Bautista | Estando contigo (Augusto Algueró / Antonio Guijarro) |
9 | 8 | ||
1960 | Londres | Non participou | |||||
1959 | Cannes | Non participou | |||||
1958 | Hilversum | Non participou | |||||
1957 | Frankfurt | Non participou | |||||
1956 | Lugano | Non participou |
Para máis información:Congratulations: 50 years of the Eurovision Song Contest
España conseguiu ser representada na gala "Congratulations", que conmemoraba o 50.º aniversario do Festival, coa canción de 1973, "Eres tú" de Mocedades. Esta canción foi seleccionada entre as 14 mellores da Historia do festival a través dun xurado experto da UER e unha votación online, e máis tarde telefónica. Como curiosidade, é importante destacar que esta canción foi un dos grandes éxitos da historia do certame, pero non gañou, quedou en segunda posición.
Artista | Canción | Posición | Puntos | Ano | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|
Mocedades | "Eres tú" | 11 | 90 | 1973 | 2 | 125 |
No ano 2003, Verónica Codesal, xunto ao grupo Urban Trad representan a Bélxica no Festival de Eurovisión 2003, co que se converteu na primeira galega en facelo. Urban Trad, que representou a televisión belga coa canción "Sanomi", composta nun idioma inventado polo grupo, conseguiu 165 puntos, e quedou na segunda praza por detrás de Turquía con Sertab Erener.
No ano 2011 Lucía Pérez, foi unha dos trinta candidatos para representar a España no Festival de Eurovisión 2011. No mes de febreiro conseguiu un posto na semifinal do concurso da TVE como unha dos dez candidatos para representar o país no Festival de Eurovisión 2011. O 11 de febreiro de 2011 foi escollida polo público de TVE para pasar á final do concurso Destino Eurovisión como unha dos tres candidatos a representar a España en Düsseldorf. O 18 de febreiro de 2011, finalmente, foi elixida para representar a España no Festival de Eurovisión 2011 coa canción "Que me quiten lo bailao", cun 68% dos votos do público. O 14 de maio de 2011 actuou na posición 22º de 25º participantes na final do Festival de Eurovisión. Logo do seu paso polo escenario de Düsseldorf queda con 50 puntos no posto 23º.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.