entidade política constituínte dos Estados Unidos de América From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Estados Unidos de América son unha federación de 50 estados máis algunhas outras entidades cunha extensión total duns dez millóns de km2. Estes estados distribúense case na súa totalidade en América do Norte, agás Hawai, que se atopa no medio do océano Pacífico e xeograficamente en Oceanía.
A cidade de Washington, no chamado Distrito de Columbia, é a sede do goberno federal.
Catro dos estados teñen o nome oficial de Commonwealth: Kentucky, Massachusetts, Pensilvania e Virxinia. Texas e California empregan oficialmente, por veces, o nome de República.
No tempo da declaración de independencia de Gran Bretaña en 1776 as Trece Colonias convertéronse en 13 estados soberanos, que se converteron en 14 coa formación da República de Vermont en 1777. Coa adopción dos artigos da Confederación o 15 de novembro de 1777, os 13 estados convertéronse nunha confederación. En 1791 entrou Vermont. Hawai e Alasca foron os últimos estados en incorporarse en 1959.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.