From Wikipedia, the free encyclopedia
Gordini é unha división de Renault Sport Technologies (Renault Sport.[1][2] Nun principio "Gordini" foi un fabricante de coches deportivos e un tuneador de coches, fundado en 1946 por Amédée Gordini, alcumado "Le Sorcier" (O Feiticeiro). Gordini converteuse nunha división de Renault en 1968 e de Renault Sport en 1976.[3]
Nome completo | Simca-Gordini |
---|---|
Bandeira | |
Baseada en | Francia |
Tempadas en activo | 7 (1950-1956) |
Número de pilotos | |
Debut | Gran Premio de Mónaco de 1950 |
Carreiras | 40 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | |
Derradeiro GP | Gran Premio de Italia de 1956 |
Amédée Gordini tuneou coches e competiu en carreiras de motor desde a década de 1930. Os seus resultados incitaron a Simca (o ensamblador francés de Fiat) para contratalo para o seu programa de automobilismo deportivo e para desenvolver os coches de estrada. A súa asociación continuou logo da segunda guerra mundial.[4]
En 1946, Gordini presentou os primeiros coches que levaban o seu nome, un monopraza con motor Fiat, pilotado por el e José Scaron, logrando varias vitorias. A finais da década de 1940, a compañía abriu un taller no Boulevard Victor en París, participando en carreiras de coches deportivos e carreiras de Grand Prix.[5] Gordini e Simca comezaron a diverxir en 1951 por mor de conflitos políticos.[4]
Gordini competiu na Fórmula Un de 1950 a 1956 (cun breve regreso en 1957 cun motor de oito cilindros), aínda que logrou un éxito importante na Fórmula 2 durante ese período.[5]
Despois de finalizar o seu programa na Fórmula Un, Gordini traballou con Renault como preparador de motores, os coches presentáronse como Renault-Gordini nas 24 Horas de Le Mans entre 1962 e 1969. Logo disto, Gordini retirouse e vendeu a súa empresa a Renault. Tamén preparou os motores de Alpine, un fabricante de automóbiles deportivo rival tamén asociado con Renault. En 1957, Gordini e Renault fabricaron o Dauphine Gordini, unha versión modificada do Renault Dauphine, que era un éxito de vendas.[6] Os coches Renault tuneados por Gordini tamén gañaron varios rallies durante os anos 50 e os anos 60.[7] En 1963, a compañía Gordini planeaba trasladar a súa sede a Noisy-le-Roi. A finais de 1968, Gordini retirouse e vendeu unha participación maioritaria do 70% da súa firma a Renault.[8] Renault -Gordini trasladouse a Viry-Châtillon en 1969 e converteuse nunha división deportiva de Renault, antes de fusionala con Alpine para formar Renault Sport en 1976.[3] O 1 de xaneiro de 1976, René Vuaillat converteuse en director de Gordini. O nome de Gordini comprouno Renault na súa totalidade en 1977.[8]
Renault vendeu versións de alto rendemento co distintivo Gordini dos modelos, Renault Dauphine, Renault 5, Renault 8 e Renault 12 e o Renault 17.
En novembro de 2009, Renault anunciou que resucitaría o nome de Gordini para unha liña exclusiva de Hot hatch é un xeito similar ao renacemento do nome Abarth en Fiat.[9]| Os modelos modernos que levan o nome inclúen o Renault Twingo e o Renault Clio.
(Clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
(† indican unidades compartidas)
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.