Rinoceronte Editora

editorial galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Rinoceronte Editoramap
Remove ads

Rinoceronte Editora é unha editorial galega creada en 2005[1] por iniciativa de Moisés Barcia Rodríguez, o tradutor galego da triloxía O Señor dos Aneis, e Penélope Pedreira. Ten a súa sede en Cangas e está especializada na publicación de obras traducidas ao galego.[2] Ademais de Rinoceronte, a empresa tamén conta con outros selos editoriais: Sushi Books (creado en 2013 cun catálogo en galego, castelán, catalán e éuscaro),[3] Morgante Edicións (selo de carácter xeneralista de autores galegos e tamén foráneos),[4] Edicións Barbantesa (proxecto creado en maio de 2010 para acoller as novas voces poéticas galegas),[5] e Esplanadi (selo que recolle obras da literatura finesa).[6] En 2011 presentou tamén o selo Pulp Books, centrado na tradución de autores galegos ao castelán e outras linguas (xaponés, catalán, italiano ou alemán), pero xa non se encontra activo.[7]

Datos rápidos Instancia de, Forma xurídica ...

En 2020 Rinoceronte puxo a funcionar un dicionario de balde en liña castelán-galego dende a súa páxina web.[8] Nel tamén se recollen sinónimos, fraseoloxía e topónimos.[9]

Remove ads

Traxectoria

A editorial aposta no seu catálogo pola tradución ó galego de obras de referencia da literatura universal dende as linguas orixinais en que foron escritas. No seu propósito de dar a coñecer en Galicia a obra de novelistas actuais nutriuse fundamentalmente de textos recentes (best-séllers nalgúns casos) versionados ó galego dende diversas linguas da periferia con respecto a Galicia (entre elas o húngaro, o finés, o islandés[10], o hebreo, o italiano, o inglés e o francés). Así mesmo, foi a primeira editorial en publicar unha tradución directa do xaponés ao galego, coa obra A casa das belas adormentadas, de Yasunari Kawabata[11], levada a cabo por Mona Imai.

Ademais de seleccionar para os lectores galegos obras literarias de escritores estranxeiros, a idea que move o proxecto editorial é a de producir libros a prezos competitivos no mercado. A iniciativa empresarial conta co apoio da Asociación de Tradutores Galegos, que pretende buscar saída ás novas promocións de tradutores profesionais formados na Universidade de Vigo, e co aval temporal dos subscritores iniciais do proxecto.

Remove ads

Coleccións de Rinoceronte

Thumb
Rinoceronte Editora en 2018.

O catálogo actual abrangue oito coleccións:[12]

  • Colección Nova: narrativa do século XIX en diante.
  • Colección Vétera: obras anteriores ó século XIX.
  • Colección Magna.
  • Colección Contemporánea.
  • Colección Clásica.
  • Colección Poesía.
  • Colección Bagaxe de Peto: obras traducidas nunha versión reducida.
  • Colección Novela gráfica.

Colección Nova

Máis información Nº, Ano ...

Colección Vétera

Máis información Nº, Ano ...

Colección Contemporánea

Máis información Nº, Ano ...

Colección Magna

Máis información Nº, Ano ...

Colección Clásica

Máis información Nº, Ano ...

Colección Poesía

Máis información Nº, Ano ...

Colección Bagaxe de Peto

Máis información Nº, Ano ...

Colección Novela gráfica

Thumb
Libros de Rinoceronte Editora da colección Novela gráfica.
Máis información Nº, Ano ...
Remove ads

Coleccións de Sushi Books

Logo de Sushi books.
Thumb
Colección de libros do selo Sushi Books.

O catálogo actual abrangue tres coleccións:[14]

  • Álbum: libros con ilustracións para primeiros lectores.
  • Intermedio: obras para público infantil
  • Avanzado: literatura para público xuvenil.

Álbum

Máis información Nº, Ano ...

Intermedio

Máis información Nº, Ano ...

Avanzado

Máis información Nº, Ano ...
Remove ads

Coleccións de Morgante

O catálogo actual abrangue cinco coleccións:[15]

  • Colección Mudanzas: colección principal.
  • Colección Cerdedo in the Voyager: obras sobre a historia local de Cerdedo.
  • Colección Ensaio.
  • Solea Scripsit.
  • Fóra de Colección.

Formatos

Nun primeiro momento puxeron os seus libros para descargalos gratuitamente en formato PDF da súa páxina, sendo o primeiro en estar dispoñible desta forma o libro de contos O condutor de autobús que quería ser Deus, do autor israelí Etgar Keret[16]. Posteriormente a editorial revogou esta medida alegando que esta minguaba as vendas[17], no canto de promocionalas.

Premios e distincións

  • Premio Fervenzas Literarias 2011: "Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial" pola creación do selo Pulp Books.[18]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads