Fisteus, Curtis

parroquia civil do concello de Curtis From Wikipedia, the free encyclopedia

Fisteus, Curtismap
Remove ads

Santa María de Fisteus é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Curtis na comarca de Betanzos. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 525 habitantes (273 homes e 252 mulleres) distribuídos en 51 entidades de poboación en 45[2] km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 740 habitantes.

Datos rápidos Concello, Provincia ...

Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.[3]

Thumb
Fisteus no Catastro de Ensenada (1752).
Thumb
Fisteus no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1847).[4]
Remove ads

Xeografía

Pola parroquia discorre o río Mendo con pequenos afluentes que, no século XVIII, movían uns vinte e catro muíños fariñeiros. Hoxe a maior parte destes muíños desapareceron ou están en estado de abandono.

Historia

A parroquia chegou a ter dous coutos para a administración de xustiza: o de Fisteus e o das Merelas. O couto de Fisteus foi de Señorío de Bernardino Freire Moscoso; e o couto das Merelas era de Señorío do Mosteiro de Sobrado.

Coa aprobación da Constitución de Cádiz, o Antigo Réxime foi abolido durante o período entre 1812 e 1814, momento no cal Fisteus constituíu concello de seu ao se conformaren os primeiros concellos constitucionais. Este concello de Fisteus volveu estar vixente no trienio liberal, de 1820 a 1823, cando os concellos foron restabelecidos. Igual ca Curtis, que tamén conformou concello propio, estaba adscrito ao partido xudicial de Melide.[5]

Coa reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta, a parroquia eclesiástica de Fisteus perdeu os lugares de Campos e A Lagoa, que pasaron a formar parte da parroquia de Rodeiro (Oza-Cesuras).[6]

O 10 de outubro de 1928 constituíuse a nova parroquia de Santa María de Lurdes, segregándose os seus lugares de Fisteus. Eclesiasticamente obtivo a total independencia após un decreto do arcebispado de Santiago de Compostela do 1 de febreiro de 1929.[7]

En 1942 houbo novas mudanzas eclesiásticas, sendo incorporados á parroquia de Curtis os lugares de Campos, Cencasas, Couceiros, A Lagoa e Porto, igual có lugar de Penas do Porto da parroquia de Vilarraso (Aranga).[8]

Remove ads

Demografía

No Censo de Pecheros de 1528, a parroquia ten 97 pecheros ―os que teñen que pagar un tributo― mentres no censo de 1591 aparece con 68 veciños, dos cales 62 son pecheros.[9] No Censo do Sal de 1631 ten 158 vasalos.[10]

Século XVIII

1752[11] 1768[12] 1787[13]
VeciñosHabitantes
193875937

Século XIX

Máis información Veciños, Habitantes ...

     Dicionarios xeográficos     Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC)     Censos (poboación de feito)

Século XX

Máis información Habitantes ...

     Censos (poboación de feito)     Padrón municipal

Século XXI

2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010
707703696687657646633625599574
2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020
574559546533534535525
Fonte: IGE (padrón municipal)[23]
Gráfica de evolución demográfica de Fisteus entre 1887 e 2017
     Poboación de feito segundo os censos de poboación; aínda cos lugares da futura Santa María de Lurdes.     Poboación de feito segundo os censos de poboación.     Poboación segundo o padrón municipal.

Patrimonio

Thumb
Estela funeraria (S. I-V).
Inscrición: "D[iis] M[amibus] S[acrum] / Iulio Seve / riano. Anno[rum] / XLVII memo / riam posuit / coniugi karissimo Pl / acidia Lupa / defuncto in valle Minei" (Consagración aos deuses romanos. Placidia Loba puxo este recordo en honor do seu queridísimo esposo, Xulio Severiano, morto aos 47 anos de idade no val do Miño).
San Vicente de Fisteus (Curtis, A Coruña), exposto no Museo da Catedral de Santiago de Compostela

A igrexa de Santa María de Fisteus é do século XIII e a igrexa de San Roque de Xabriño foi construída no século XVIII, xunto coa súa fonte de tres canos.

A casa brasonada de Balter co seu escudo en bo estado de conservación, e o antigo cárcere construído en 1791.

Patrimonio arqueolóxico

Remove ads

Etnografía

  • Os de Curtis mataron un burro, / os de Teixeiro comérono crudo / e os de Fisteus mandaron recado / que lles gardaran a punta do rabo.[24]

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Fisteus

Parroquias de Curtis

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads