KLKB1

From Wikipedia, the free encyclopedia

KLKB1
Remove ads

O KLKB1 é un xene que nos humanos está situado no cromosoma 4 e que codifica a proteína encimática calicreína plasmática (EC 3.4.21.34),[1][2] que tamén recibe, entre outros, os nomes de calicreína sérica, calicreína B1 e calicreína B.[3][4][5][6][7] Este encima cataliza a seguinte reacción química: corte selectivo dalgúns enlaces peptídicos nos que interveñen a arxinina ou a lisina no cininóxeno humano, incluíndo os enlaces lisina-arxinina e arxinina-serina para liberar bradicinina.

Datos rápidos Estruturas dispoñibles, PDB ...
Remove ads

Este encima fórmase a partir da precalicreína plasmática (factor de Fletcher) por acción do factor XIIa.

Datos rápidos Identificadores, Número EC ...
Remove ads

Función

A precalicreína plasmática é unha glicoproteína que participa na activación dependente de superficie da coagulación do sangue, fibrinólise, xeración de cininas e inflamación. Sintetízase no fígado e segrégase ao sangue como unha soa cadea polipeptídica. A precalicreína plasmática convértese en calicreína plasmática pola acción do factor XIIa polo corte dun enlace interno Arg-Ile. A calicreína plasmática, por tanto, está composta por unha cadea pesada e unha lixeira unidas por unha ponte disulfuro. A cadea pesada orixínase a partir do extremo amino terminal do cimóxeno e contén 4 repeticións en tándem de 90 ou 91 aminoácidos. Cada repetición contén unha estrutura peculiar chamada dominio mazá. A cadea pesada é necesaria para a actividade procoagulante dependete de supericie da calicreína plasmática. A cadea lixeira contén o sitio activo ou dominio catalítico do encima e é homóloga da familia da tripsina de serina proteases. A deficiencia en precalicreína plasmática causa unha activación prolongada do tempo de tromboplastina parcial nos pacientes. O empalme alternativo orixina múltiples variantes de transcrición que codifican diferentes isoformas[8]

Remove ads

Interaccións

A KLKB1 (calicreína plasmática) presenta interaccións co cininóxeno de alto peso molecular.[9][10][11][12]

Notas

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads