Bradicinina

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Bradicinina
Remove ads

A bradicinina[1] ou ás veces bradiquinina, é un mediador inflamatorio. É un péptido que causa a dilatación de vasos sanguíneos, e unha diminución da presión arterial. Unha clase de fármacos chamados inhibidores de ACE, que se utilizan para baixar a presión arterial, incrementan a cantidade de bradicinina (ao inhibir a súa degradación), o que baixa máis a presión arterial. A badicinina dilata os vasos sanguíneos ao liberar prostaciclinas, óxido nítrico e factor hiperpolarizante derivado do endotelio.

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...
Cininóxeno 1
Identificadores
Símbolo KNG1
Símbolos alt. KNG, BDK
Entrez 3827
HUGO 6383
OMIM

612358

RefSeq NM_001102416
UniProt P01042
Outros datos
Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...

A bradicinina é un péptido activo fisiolóxica e farmacoloxicamente do grupo de proteínas cininas, que consta de nove aminoácidos.

Remove ads

Estrutura

A bradicinina é unha cadea peptídica de 9 aminoácidos. A secuencia de aminoácidos da bracinina é: Arg-Pro-Pro-Gly-Phe-Ser-Pro-Phe-Arg (RPPGFSPFR). A súa fórmula empírica é, por tanto, C50H73N15O11.

Síntese

O sistema cinina-calicreína produce bradicinina por corte proteolítico do seu precursor cininóxeno, o cininóxeno de alto peso molecular (HMWK ou HK), feito polo encima calicreína. Ademais, hai convincentes evidencias de que a plasmina, un encima fibrinolítico, pode xerar bradicinina despois do corte do HMWK.[2]

Metabolismo

Nos humanos, a bradicinina degrádana tres cininases: encima convertedor da anxiotensina (ACE), aminopeptidase P (APP), e carboxipeptidase N (CPN), que clivan a molécula nas posicións 7-8, 1-2, e 8-9, respectivamente.[3][4]

Función fisiolóxica

Efectos

A bradicinina é un potente vasodilatador dependente do endotelio, que orixina unha baixada na presión arterial. Tamén causa a contracción do músculo liso non vascular dos bronquios e tracto gastrointestinal, incrementa a permeabilidade vascular e tamén está implicado no mecanismo da dor.[5] A bradicinina tamén causa a natriurese, contribuíndo á baixada da presión arterial.

A bradicinina eleva os niveis de calcio internos en astrocitos neocorticais, causando que estes liberen glutamato.[6]

A bradicinina tamén se pensa que é a causa da tose seca nalgúns pacientes que toman fármacos inhibidores do encima convertedor da anxiotensina (ACE). Pénsase que a bracinina é convertida en metabolitos inactivos pola ACE, polo que a inhibición deste encima conduce a un incremento dos niveis de bradicinina, o que causa unha tose seca por broncoconstrición. En casos graves, a elevación dos niveis de bradicinina pode ter como resultado un anxioedema, unha emerxencia médica.[7] As persoas de descendencia africana teñen un risco ata 5 veces maior de ter un anxioedema inducido por inhibidor de ACE debido a factores de risco de predisposición hereditaria como o anxioedema hereditario.[8] Esta tose rebelde é unha causa común de ter que parar a terapia con inhibidor de ACE, e nese caso a seguinte liña de tratamento é usar antagonistas do receptor da anxiotensina II (ARB).

A sobreactivación da bradicinina crese que xoga un papel clave nunha rara doenza chamada anxiodema hereditario, ou edema anxio-neurótico.[9]

A secreción inicial de bradicinina posnatal causa a constrición e finalmente a atrofia do conduto arterioso, formando o ligamento arterioso entre o tronco pulmonar e o arco aórtico. Tamén xoga un papel na constrición e oclusión final doutros vasos fetais, como as arterias e veas umbilicais. A vasoconstrición diferencial destes vasos fetais comparado coa resposta vasodilatadora doutros vasos suxire que as paredes destes vasos fetais son distintas das doutros vasos.[10]

Receptores

Artigo principal: Receptor da bradicinina.
  • O receptor B1 só se expresa como resultado de lesións no tecido e considérase que desempeña un papel na dor crónica. Este receptor tamén intervén na inflamación.[11] Máis recentemente, viuse que o receptor de cinina B1 recruta neutrófilos por medio da produción de quimiocina CXCL5. Ademais, as células endoteliais foron descritas como unha fonte potencial desta vía do receptor B1-CXCL5.[12]
  • O receptor B2 exprésase constitutivamente e participa no papel vasodilatador da bradicinina.

Os receptores de cinina B1 e B2 pertencen á familia do receptor acoplado á proteína G (GPCR).

Remove ads

Historia

A bradicinina foi descuberta en 1948 por tres fisiólogos e farmacólogos brasileiros que traballaban no Instituto Biolóxico da cidade de São Paulo, Brasil, liderado polo Dr. Maurício Rocha e Silva. Xunto cos seus colegas Wilson Teixeira Beraldo e Gastão Rosenfeld, descubriron os poderosos efectos hipotensivos da bradicinina en apreparacións animais. A bradicinina foi detectada no plasma sanguíneo de animais despois da adición de veleno extraído da serpe Bothrops jararaca, traída por Rosenfeld do Instituto Butantan. O descubrimento formaba parte dun estudo continuo do shock circulatorio e de encimas proteolíticos relacionados coa toxicoloxía das trabadas de serpe, iniciados por Rocha e Silva xa en 1939. A bradicinina converteuse nun novo principio autofarmacolóxico, é dicir, unha substancia que é liberada no corpo por unha modificación metabólica a partir de precursores, que son activos farmacoloxicamente. Segundo B.J. Hagwood, biógrafo de Rocha e Silva, "O descubrimento da bradicinina conduciu a unha nova comprensión de moitos fenómenos patolóxicos e fisiolóxicos como o shock circulatorio inducido por velenos e toxinas."

Remove ads

Implicacións terapéuticas

A importancia práctica do descubrimento da bradicinina fíxose evidente cando un dos seus colaboradores na Universidade de São Paulo, o Dr. Sérgio Henrique Ferreira, descubriu un factor potenciador da bradicinina (BPF) no veleno botrópico, que incrementa poderosamente tanto a duración coma a magnitude dos seus efectos sobre a vasodilatación e a consecuente caída da presión arterial. Baseándose neste descubrimento, os científicos de Bristol-Myers Squibb desenvolveron o primeiro dunha nova xeración de fármacos antihipertensivos moi efectivos, os denominados inhibidores de ACE, como o captopril (comercializado co nome Capoten).

Actualmente, os inhibidores da bradicinina (antagonistas) están a desenvolverse como terapias potenciais para o anxioedema hereditario. O Icatibant é un deses inhibidores. Hai outros inhibidores da bradicinina. Tense observado en estudos animais que a bromelaína, unha substancia obtida dos talos e follas da planta do ananás, suprime o inchamento inducido por trauma causado pola liberación de bradicinina na corrente sanguínea e tecidos.[13] Outras substancias que actúan como inhibidores da bradicinina son o aloe[14][15] e os polifenois, substancias que se encontran no viño tinto e no té verde.[16]

A bradicinina é tamén liberada por tumores carcinoides, e dá lugar a síntomas parecidos á asma.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads