
Betanzos
concello da comarca de Betanzos, na provincia da Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, que pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010).
Betanzos | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
| ||||||
Situación | ||||||
Xentilicio[1] | betanceiro/betanceira brigantino/brigantina | |||||
Xeografía | ||||||
Provincia | Provincia da Coruña | |||||
Comarca | Comarca de Betanzos | |||||
Poboación | 13.066 hab. (2022)[2][3] | |||||
Área | 24,2 km²[3] | |||||
Densidade | 539,92 hab./km² | |||||
Entidades de poboación | 7 parroquias[4] | |||||
Capital do concello | Betanzos | |||||
Política (2023 [5]) | ||||||
Alcalde | María Barral Varela (PSdeG[6]) | |||||
Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 8 PSdeG-PSOE: 6 | |||||
Eleccións municipais en Betanzos | ||||||
Uso do galego[7] (2011) | ||||||
Galegofalantes | 29,96% | |||||
Na rede | ||||||
www.betanzos.es | ||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||||
[ editar datos en Wikidata ] |
Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia.[8] Betanzos viviu o seu auxe no baixo medievo, medrando polo comercio da pesca, o viño e dos fornos, e nela instauráronse fidalguías e gremios importantes.[9] Foi declarada cidade do Reino de Galicia polo rei Henrique IV en 1465.[8] Betanzos foi capital de provincia entre os séculos XVI e XVIII. As casas de Fonte de Unta, as súas murallas e portas, as súas igrexas como as de San Francisco e Azougue, a Torre de Lanzós ou a Torre do reloxo na igrexa de Santiago fan que sexa a referencia galega do gótico e unha cidade declarada conxunto histórico-artístico.[10]
Outro patrimonio de interese de Betanzos son as súas igrexas románicas de Brabío, Pontellas ou Tiobre; os edificios neoclásicos de San Antonio de Padua, o Arquivo do Reino de Galicia ou o pazo de Piadela; e conxuntos modernistas como a Casa Núñez, a escola de García Naveira ou o Parque do Pasatempo.
A súa ría, coa súa marisma, e os ríos Mendo e Mandeo, que pasan por Betanzos e bordean a cidade, son parte da zona especial de conservación (ZEC) Betanzos - Mandeo. A ribeira de Piadela e a súa parte do encoro forman parte do ZEC Encoro de Abegondo - Cecebre. Destacan destes espazos a súa diversidade de ribeira, e da marisma no caso do Betanzos-Mandeo. Betanzos forma parte da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é betanceiro[11], brigantino[12] ou popularmente garelo.