Máis información Distribución por idade da poboación española (1900), Grupo de idade ...
Distribución por idade da poboación española (1900)[4]
Grupo de idade
%
0 a 14 anos
33,52%
15 a 29 anos
24,36%
30 a 44 anos
19,24%
45 a 59 anos
13,94%
60 a 74 anos
7,51%
75 anos e máis
1,42%
Pechar
Máis información Distribución por idade da poboación española (2018), Grupo de idade ...
Distribución por idade da poboación española (2018)[5]
Grupo de idade
%
0 a 14 anos
14,83%
15 a 29 anos
15,19%
30 a 44 anos
22,53%
45 a 59 anos
22,59%
60 a 74 anos
15,44%
75 anos e máis
9,41%
Pechar
A idade media da poboación residente en España no ano 2006 era de 40,1 anos: 38,7 anos para os homes e 41,4 anos para as mulleres.[6] O 15,3% da poboación tiña menos de 16 anos, o 69% tiña entre 16 e 65 anos, mentres que o 15,7% da poboación tiña máis de 65 anos. Ameazada a sociedade española dun envellecemento irreversible da poboación, a chegada de inmigrantes desde os anos 1990 freou este proceso: a idade media da poboación estranxeira residente en España era de 32,8 anos no 2004, fronte a 41,0 anos de media dos nacionais.
En total había no 2006 en España 22608498 mulleres (50,57% do total da poboación) e 22100466 homes (49,43%).[6] O número de mulleres supera ao de homes en todas as comunidades autónomas agás nas Illas Baleares, Illas Canarias, Murcia, Castela-A Mancha e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Os homes son maioritarios entre a poboación menor de 49 anos, mentres que a partir dos 50 anos as mulleres son máis numerosas.
Proporción homes/mulleres en España
Ao nacemento: 1,07 homes/muller.
Menos de 30 anos: 1,06 homes/muller.
Entre 30 e 65 anos: 1,02 homes/muller.
Máis de 65 anos: 0,73 homes/muller.
Total poboación: 0,98 homes/muller.
Segundo os datos do INE para o 2005, téñense os seguintes datos relacionados coa natalidade en España:[9]
Taxa bruta de natalidade: 10,75 por mil.
Taxa global de fecundidade: 41,95 por mil.
Número medio de fillos por muller: 1,346
Idade media ao nacemento do primeiro fillo: 29,33 anos.
Datos relacionados coa mortalidade en España para o ano 2005:[9]
Taxa bruta de mortalidade: 8,93 por mil.
Taxa de mortalidade infantil: 3,79 por mil nados vivos.
As principais causas de mortalidade en España para o ano 2001 foron [10]
Para homes, os principais grupos de causas de mortalidade foron os tumores (orixe do 32,5% do total das defuncións), enfermidades do sistema circulatorio (29,63%), enfermidades do sistema respiratorio (11,85%), causas externas (5,91%) e enfermidades do sistema dixestivo (5,34%).
Para homes, as causas concretas de mortalidade que provocaron un maior número de defuncións foron a isquemia cardíaca (11,56%), o cancro de pulmón (8,63%), enfermidades cerebro-vasculares (7,91%) e a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (5,99%).
Para mulleres, os principais grupos de causas de mortalidade foron as enfermidades do sistema circulatorio (39,86%), os tumores (21,47%), enfermidades do sistema respiratorio (8,79%) e enfermidades do sistema dixestivo (4,87%).
Para mulleres, as causas concretas de mortalidade que provocaron un maior número de defuncións foron as enfermidades cerebro-vasculares (12,68%), a isquemia cardíaca (9,7%), a insuficiencia cardíaca (7,36%) e outras enfermidades do corazón (5,05%).
A densidade de poboación en España (92.7 hab/km² segundo Eurostat2017) é menor que a da maioría doutros países da Unión Europea.[3] e a súa distribución ao longo do territorio é moi irregular.
Así, a poboación española concéntrase predominantemente en dúas zonas:
Madrid: é unha zona moi poboada, a cidade principal é a maior de España e a súa área metropolitana é a cuarta maior da Unión Europea (só superada por París, Londres e a rexión do Ruhr), na cal atópanse cidades como Móstoles, Alcalá de Henares, Fuenlabrada, Alcorcón, Leganés, Xetafe etc., que superan os 100.000 habitantes. Esta zona é tan poboada grazas a que Madrid é a capital de España e a súa influencia esténdese xa polas provincias de Toledo e Guadalaxara formando unha ampla rexión metropolitana.
Con todo, todo o interior sofre problemas de despoboamento; nesta parte do territorio, soamente pódense destacar Zaragoza e Valladolid.
Dez principais provincias por poboación
Máis información Absoluta (INE 2014), Relativa (densidade) (en hab./km²) ...
As sete provincias máis poboadas concentran ao 45% da poboación española, mentres que nas quince con menor número de habitantes (sen contar a Ceuta e Melilla) só vive o 8% do total. Só dúas (Lugo e Huelva) das vinte e dúas provincias menos poboadas teñen costa, mentres que, salvo Madrid, Sevilla e Zaragoza as quince provincias máis poboadas teñen todas acceso ao mar.
Áreas metropolitanas
As áreas metropolitanas que excedían en 2005 os 300.000 habitantes son as seguintes:[13]
Ademais, para as dúas maiores áreas metropolitanas, pódese falar dun territorio máis extenso que as engloba: trátase da Rexión urbana de Madrid (con 6380229 habitantes) e da Rexión urbana de Cataluña (con 5239927 habitantes).
Clasificación dos municipios de máis de 200.000 habitantes en 2016 segundo a densidade demográfica de habitantes por quilómetro cadrado no territorio do municipio:
Desde 1976, o afundimento da taxa de fertilidade provocou un enlentecimiento no crecemento da poboación española, chegándose a prever a ameaza dun crecemento negativo para o 2030. Con todo, a chegada masiva de inmigrantes desde finais dos noventa permitiu un novo aumento no número de habitantes do país: de feito, este fenómeno provocou unha taxa de crecemento, en torno ao 1,7% anual desde o 2001, máis ben propia de países africanos ou asiáticos. O crecemento vexetativo, aínda baixo, empezou a crecer grazas á maior taxa de fertilidade dos novos residentes.
Distribución xeográfica do crecemento da poboación española entre 1857 e 2005
Evolución demográfica de España entre 1900 e 2005
Distribución xeográfica do crecemento da poboación española entre 1787 e 1857
Distribución xeográfica do crecemento da poboación española entre 1857 e 1887
Distribución xeográfica do crecemento da poboación española entre 1887 e 1920
Distribución xeográfica do crecemento da poboación española entre 1920 e 1950
Distribución xeográfica do crecemento da poboación española entre 1950 e 1981
Distribución xeográfica do crecemento da poboación española entre 1981 e 2005
Artigo principal:Inmigración en España.
Segundo o censo INE2006, o 9,27% da poboación de España é de nacionalidade estranxeira. A inmigración a gran escala empezou a mediados da década dos noventa; desde o 2000, España recibiu o segundo maior número de inmigrantes de todo o mundo en termos absolutos (tras Estados Unidos) e a taxa de inmigración máis elevada do planeta. A maioría dos inmigrantes que chegan a España proveñen de Iberoamérica (nun 36,21%), seguido de Europa Occidental (21,06%), Europa do Leste (17,75%) e o Magreb (14,76%). A distribución xeográfica dos estranxeiros é moi irregular, concentrándose ao longo das costas mediterránea e canaria e en Madrid e arredores, en xeral acentuando aínda máis as xa profundas diferenzas rexionais de poboación do país.
Artigo principal:Relixión en España.
Segundo un estudo do CIS realizado en 2017, un 52% dos participantes cre en Deus e un 16,8% non cre na existencia de Deus.[16]Un 63,2% defínese como seguidor da relixión católica e un 29,7% di non abrazar ningunha relixión.[17] Do 6,3% dos que se declaran pertencentes a outras relixións un 32,5% defínese protestante, un 26,6% musulmán, un 19,2% ortodoxo, un 7,2% budista, un 5% testemuña de Xehova, cristián nun 4,9% e un 2% encádrase noutras relixións[17] Porén, un 50,9% declara que non asiste nunca a oficios relixiosos excluídas as ocacións especiais, como vodas e funerais.[18]
Fuente: INE, Instituto Nacional de Estadística. Revisión del Padrón municipal 2018. Población por edad (año a año) y sexo Arquivado 19 de abril de 2022 en Wayback Machine.
INE, Instituto Nacional de Estadística. Revisión do Padrón municipal 2006. Poboación por sexo, comunidades e provincias e idade (ata 85 e máis) [Ligazón morta]
Proyecto AudesArquivado 03 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.. Datos de población oficiales del INE (01-01-2005). Real Decreto 1358/2005, de 18 de noviembre. (Datos de conurbación para Madrid, Barcelona, Valencia y Sevilla. Datos de área metropolitana para el resto)
Fuente: INE, Instituto Nacional de Estadística. Estimaciones de población, censos y cifras oficiales de población. El censo de 1594 es un Vecindario realizado por la Corona, de tipo aproximativo. El censo de 1769, realizado por el Conde de Aranda, y el de 1833 (censo de la Policía), son considerados por el INE de escasa fiabilidad. El censo de 1787 corresponde al censo del conde de Floridablanca, y el de 1791 (publicado en 1801) fue realizado por Godoy. Los primeros censos oficiales modernos y más fiables son los realizados a partir de 1857 . Los censos posteriores a 1900 se pueden consultar en Inebase. Series históricas de poblaciónArquivado 27 de abril de 2006 en Wayback Machine.