
Inditex
sociedade anónima / From Wikipedia, the free encyclopedia
Industria de Diseño Textil, S.A. (Inditex) é unha multinacional da industria téxtil de orixe galega. É o primeiro grupo europeo de confección de roupa por diante da sueca H&M, a xaponesa Uniqlo e a estadounidense Gap, sendo a terceira empresa do sector a nivel mundial tras Nike (34.350 millóns de dólares) e LVMH (42.636 millóns de euros; Louis Vuitton, Moët Hennessy).[3] Ten a súa sede central no Polígono de Sabón en Arteixo, provincia da Coruña. Está composto por case un cento de compañías de deseño, fabricación e distribución téxtil. Amancio Ortega, o home máis rico de España (e de Europa) é o fundador e o accionista maioritario. A súa presidenta actual é Marta Ortega[4].
INDITEX ![]() | |
---|---|
![]() Industria de Deseño Téxtil | |
![]() Sede de Inditex en Arteixo. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 12 de xuño de 1985 (37 anos) |
Localización | Avda. Deputación. Polígono de Sabón, 15142 Arteixo, provincia da Coruña ![]() |
Fundador | Amancio Ortega Gaona |
Persoas clave | Marta Ortega(Presidenta) Pablo Isla (exPresidente e CEO) Ignacio Fernández (CFO) |
Industria | Téxtil |
Produtos | Roupa, calzado especializado e téxtil para o fogar |
Beneficio | € 25.336 millóns (2017)[1] |
Número de empregados | 171 839 (2017)[2] |
Na rede | |
https://www.inditex.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Inditex a 31 de xaneiro de 2018 ten 7.475 tendas en todo o mundo[5] e posúe as marcas Massimo Dutti, Bershka, Oysho, Pull and Bear, Stradivarius, Zara, Tempe e Uterqüe, e tamén a marca de baixo custo Lefties. En marzo de 2015 Inditex acadou un valor en bolsa de 89.761 millóns de euros, sendo a segunda empresa do IBEX-35, despois do Banco Santander, en valoración.[6]
A maioría da produción atópase en países con man de obra barata como Marrocos, China e Turquía, malia que boa parte da produción continúa en España e Portugal, en particular a da marca Zara. Ademais, Inditex ten unha fábrica de deseño e produción de calzado na vila de Elx.