Apóstrofo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Un apóstrofo (’) é un signo ortográfico auxiliar, ás veces utilizado tamén como signo diacrítico. Consiste nunha coma ou comiña situada na parte superior do texto que sinala xeralmente a elisión dunha vogal.
Remove ads
Usos no galego
- Para representar contraccións non normativas de carácter popular ou dialectal:
- N'é [= non é] verdade
- X'o [= xa o] dixera
- De modo optativo para manter íntegro o título dunha obra ou publicación que comeza con artigo cando se lle une a preposición "de" ou "en":
- “A publicación dos Eoas” / “A publicación d’Os Eoas”
- “Unha nova na Nosa Terra” / “Unha nova n'A Nosa Terra”
Uso como diacrítico
Algunhas linguas empregan o apóstrofo como sinal diacrítico con distintos usos:
- O apóstrofo é empregado para indicar unha consoante oclusiva glotal en linguas o guaraní,[1], o chamorro,[2] o tetum[3] e o carelio.[4]
- No võro,[5] indica palatalización.
- No suahili,[6] no luo[7] e no luganda[8] indica a diferenza entre ng’, que se pronuncia /ŋ/ e ng, que se pronuncia /ŋg/. No luganda emprégase ng’ cando non se pode escribir a letra ŋ.[8]
- No bretón sinala a diferenza entre c'h, que se pronuncia /x/ e ch, que se pronuncia /ʃ/.[9]
- No uzbeko emprégase para modificar o son do o e do g e para indicar unha oclusiva glotal.[10]
- No italiano substitúe o acento grave ou o acento agudo: “perche’” en vez de “perché”.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads