Signos máis e menos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Os signos de máis e menos (+ e ) son símbolos matemáticos empregados para representar o signo dun número ou as operación de sumar e restar.

Datos rápidos + −, Outros signos auxiliares ...
Remove ads

Historia

O uso de signos para representar a adición aparece xa no alfabeto xeroglífico, no que se representaba por dúas pernas andando no sentido do texto. Se aparecían no outro sentido representaban a subtracción:

D54ouD55

En manuscritos de Nicole Oresme do século XIV pódense ver os primeiros usos dun signo semellante ao signo "+".[1]

A primeiros do século XV as letras "P" e "M" eran os empregados habitualmente. Os símbolos para più (máis) e para meno (menos) apareceron na obra Summa de arithmetica, geometria, proportioni et proportionalità de Luca Pacioli, publicada en Venecia en 1494.[2]

+ é unha simplificación da palabra latina "et" (e).[3] pode derivar do til escrito sobre o m. No tratado de Johannes Widmann de 1489 xa aparecen estes dous signos. Robert Recorde, creador do signo igual introduciu estes símbolos en Inglaterra e 1557.

Remove ads

Signo máis

O signo é un operador binario que indica adición, como en 2 + 3 = 5. Tamén pode aparecer como operador unario, para sinalar que un número é número positivo.

En diferentes campos das Matemáticas pode indicar outras operación, que habitualmente son chamadas tamén adición. En estruturas alxébricas adoita empregarse para denotar unha operación conmutativa.

Signo menos

O signo menos ten tres usos principais en Matemáticas:

  • Como operador binario para indicar subtracción, como en 5 – 3 = 2.
  • Para sinalar un número negativo: -5.
  • Para indicar o oposto dun número ou unha variable.

Outros usos

En Matemáticas, o límite xa+ significa x tende a a pola dereita e xa significa x tende a a pola esquerda.

Nos grupos sanguíneos indícase cun máis ou cun menos a presenza ou a ausencia do factor Rh.

Nalgunhas linguaxes de programación o signo máis equivale á concatenación de cadeas de caracteres: "a" + "b" = "ab".

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads