Antilambda

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O antilambda, coñecido en paleografía coa denominación latina diple,[1] é un signo ortográfico auxiliar que pode empregarse como signo simple ou como signo dobre, cunha forma de apertura ( < ) e outra de peche ( > ).

Datos rápidos < >, Signos ortográficos ...
Remove ads
Remove ads

Historia

O nome do signo provén da súa semellanza coa forma maiúscula da letra grega lambda (Λ), mais disposta en horizontal.[1]

O antilambda xa era utilizado na antiga Grecia. O símbolo > considérase unha creación de Aristarco de Samotracia, (século II a.C.), editor de Homero, que o utilizaba para indicar que discordaba da opinión de Zenódoto de Éfeso, editor anterior.[2]

Ese mesmo signo > empregábase nas marxes dos manuscritos latinos e gregos para indicar que nesa liña había algunha palabra ou pasaxe relevante. Posteriormente introduciuse o signo < para encerrar o texto.[3]

Isidoro de Sevilla explica nas súas Etymologiae que o antilambda se usaba na súa época para indicar que unha cita dun texto era bíblica e non un comentario.

Na Idade Media utilizáronse diferentes signos: V, Y, 7... Coa imprenta continuouse a empregar, sendo a orixe das comiñas latinas.[3]

Remove ads

Uso como signo dobre

Como signo dobre recibe tamén a denominación de parénteses angulares[4], sendo os seus principais usos os seguintes:

  • Nas transcricións paleográficas e nas edicións críticas de textos antigos utilízase para desenvolver abreviaturas e encerrar partes do texto reconstruídas ou non presentes no orixinal.
  • Pode usarse en vez das comiñas en partes de textos que xa teñan eses signos tras utilizar as comiñas latinas, inglesas e simples.[1]
  • Na banda deseñada empréganse para indicar que unha personaxe fala nun idioma distinto.[5]
  • En Informática serve para encerrar as etiquetas propias das linguaxes de marcación HTML e XML.[6]
  • Nos primeiros tempos de Internet empregábase para encerrar enderezos de correo electrónico e páxinas web, especialmente en texto plano ou naqueles soportes que non permitían formatos.[7]
  • En Matemáticas indican o subgrupo xerado por un subconxunto[8] ou un produto interno.
Remove ads

Uso como signo simple

Como signo simple non pode considerarse propiamente un signo ortográfico auxiliar. Emprégase en ámbitos do saber moi concretos.

  • En Lingüística é usado para mostrar a etimoloxía ou a evolución dunha palabra. Así, o signo de peche indica que o termo anterior dá orixe ao que segue ( FACERE > FACER), e o de apertura, que o termo que o precede deriva do posterior (OURO < AURUM).
  • En Matemáticas o signo > significa maior que (3 > 0) e < significa menor que (2 < 5), podendo combinarse co signo igual: ≤ ou ≥.

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads