Barra diagonal
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A barra diagonal, barra oblicua[1] ou barra[2] (/) é un signo ortográfico auxiliar consistente nunha raia oblicua inclinada desde abaixo á esquerda a arriba á dereita.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Barra.
Remove ads
Historia
A barra diagonal foi creada no século XII polo italiano Boncompagno da Signa para representar unha pausa curta, mentres que a raia representaba unha pausa maior.[3]
Usos
- Separar conceptos alternativos: amor/odio.
- Separar masculino e feminino en adxectivos ou substantivos: mozos/as.
- Separar versos dun poema cando non se reproduce igual.
- Nalgúns casos separar cifras, como en leis ou datas.
- Utilízase en lugar do punto en certas abreviaturas: r/, s/n.[1]
- Úsase en Lingüística para encerrar fonemas.[2][4]
Outros usos non lingüísticos
- Pódese empregar para separar os elementos dunha data: 17/05/1963.[1]
- No Sistema Internacional de Unidades representa un cociente de magnitudes: km/h.
- En Informática adoita representar enderezos e en linguaxes de programación representa a división.
Matemáticas
- Representar fraccións: ½ .
- En expresións relativas a conxuntos lese tales que.[5]
- Úsase para representar un conxunto cociente: G/H.[6]
- Para representar paralelismo úsanse dúas barras diagonais ou ben dúas barras verticais: r//s, r||s.
- Sobre certos símbolos significa “o contrario”, como ≠ (non é igual).
Signo diacrítico
- Artigo principal: Trazo (diacrítico).
- A barra diagonal tamén se usa como signo diacrítico.[7] O caso máis habitual é o da letra Ø, usada en varias linguas, como o dinamarqués e o noruegués.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads