Dous puntos
signo de puntuación formado de dos puntos do mesmo tamaño dispostos un encima doutro From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os dous puntos (:) son un signo de puntuación composto por dous puntos aliñados verticalmente.
Remove ads
Usos
- Colócanse antes dunha enumeración.
- Indica que a continuación vén unha conclusión ou un exemplo.
- Despois dos encabezamentos de cartas ou discursos.
Uso como diacrítico
Os dous puntos son empregados como sinal diacrítico en diferentes linguas como en budu e sabaot, en África ou en erima, gizra, go:bosi, gwahatike, kalusi, kamula, kasua, kuni-boazi e zimakani [1] en Papúa-Nova Guinea. Na lingua cayuga[2] e no tepehuán suroccidental[3] indica vogal longa.
O Alfabeto Fonético Internacional emprega un símbolo formado por dous triángulos con vértices opostos situados na posición do símbolo de dous puntos (ː). Emprégase o símbolo dos dous puntos se non está dispoñible. Se só aparece o triángulo superior indica que a vogal e semilonga.
Usos non lingüísticos
- En Matemáticas ou Xeografía representa unha escala.
- En Matemáticas tamén ten outros usos, como representar unha división ou unha función.
- En Informática indica enderezo (C:) ou asignación en certas linguaxes de programación.
- Aparece habitualmente en emoticonas.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads