Prima

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Os símbolos prima[1] (  ), segunda (  ) e terceira (  ) son símbolos empregados con distintos significados en Matemáticas e outras Ciencias, Lingüística e Música. Este símbolo é diferente do apóstrofo, acento agudo, acento grave, comiñas ou o signo de ídem.

Datos rápidos ′, Signos ortográficos ...
Remove ads

Historia

O nome "prima" provén de ler a notación x como a primeira dunha serie, seguida por “x segunda”, e así sucesivamente.

Usos

Matemáticas

  • Sinálase co símbolo prima unha variable relacionada cunha anterior, por exemplo por ser o resultado dunha transformación.
  • Emprégase para indicar derivación: se y = f(x) entón y é a súa función derivada.
  • Nalgunhas notacións representa o complementario dun conxunto ou dun suceso.
  • A prima é o símbolo do minuto e a segunda é o símbolo do segundo, unidades de medida de ángulos no sistema sexaxesimal.

Lingüística

Na transliteración dalgunhas linguas eslavas denota palatalización.

Música

Thumb
Prima, segunda e terceira

No sistema de notación de Helmholtz empréganse a prima e a segunda para distinguir notas en diferentes oitavas.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads