artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Brasil presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1960. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Até o ano 2023, 53 filmes brasileiros foron presentados ó premio. Catro destes filmes resultaron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional, mais finalmente ningún deles gañou o premio. Orfeo negro, un filme en lingua portuguesa rodado no Brasil polo director francés Marcel Camus, gañou o premio na 32ª edición, mais foi presentado polo goberno francés.
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou o Brasil para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.