Macron
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O macron ( ¯ ) é un sinal diacrítico que se coloca sobre unha vogal ou en ocasións sobre ou baixo unha consoante. O seu nome procede do grego makron, forma neutra de makros (longo).[1] O signo oposto é o breve ( ˘ ).
Remove ads
Uso en poesía
Na métrica grecolatina e en descricións da métrica doutras literaturas o macron emprégase para indicar a sílaba tónica.
Uso como diacrítico
- En letón, lituano e livonio escríbese sobre as vogais para indicar que son longas. O mesmo significado ten en linguas do Pacífico coma o hawaiano e o maorí.
- Na romanización de linguas coma o árabe, o pali, o sánscrito e o xaponés indican unha vogal longa. O mesmo ocorre coa romanización do grego, na que as letras η (eta) e ω (omega) se trasliteran por ē e ō respectivamente.
- Algúns dicionarios modernos de grego clásico e latín empregan o macron para sinalar vogais longas ou sílabas tónicas.
- No pinyin e no Alfabeto Fonético Internacional é un sinal de ton.
- En linguas das Illas Salomón e Vanuatu emprégase para representar distintos sons.
- É habitual o seu uso en lugar doutros signos diacríticos coma o til ou a diérese. Por exemplo, en francés substitúe calquera acento cando se escribe en maiúsculas, especialmente na prensa.[2]
Remove ads
Usos non lingüísticos
En Matemáticas o macron (ou en ocasións o trazo alto) emprégase con distintos significados:
- Representar a media: .
- Indica a adherencia[3] dun conxunto: .
- Indicar o conxugado dun número complexo.[4]
- É unha das notacións para indicar o complementario dun conxunto.
- Indica un segmento: .
Macron inferior
Algunhas linguas empregan un símbolo análogo ao macron, pero situado por baixo da letra. Este símbolo diferénciase do trazo baixo en que este último se converte nunha liña se hai varios seguidos: a̱ḇc̱ (macron inferior), pero a̲b̲c̲ (trazo baixo).
- En lingua pitjantjatjara emprégase para representar o fonema /ɳ/.
- En lingua saanich[5] representa glotalización.
- En lingua seri [6] escríbese baixo o L para representar o fonema /l/.
- No alfabeto mapuche unificado aparecen as letras ṯ, ṉ e ḻ.[7]
- O macron inferior emprégase na romanización de linguas coma o árabe, o hebreo bíblico, o paxto ou o támil.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads