VLC media player
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O VLC media player (inicialmente VideoLAN Client) é un reprodutor de medios do proxecto VideoLAN. Admite moitos códecs de son e vídeo, así coma diferentes tipos de ficheiros, ademais dos formatos de DVD, VCD e varios protocolos de transmisión. Tamén pode ser usado coma un servidor de fluxo en unicast ou multicast, en IPv4 ou IPv6 , nunha rede de alta largura de banda. O programa usa a biblioteca do códec libavcodec do proxecto FFmpeg para manexar os moitos formatos que admite, e emprega a biblioteca de descifraxe DVD libdvdcss para poder reproduci-los DVD cifrados.

É un dos reprodutores máis independentes, en canto a plataforma se refire, con versións para Linux, Microsoft Windows, Mac OS X, BeOS, BSD, Pocket PC e Solaris.
En Windows, Linux, e algunhas outras plataformas, o VLC inclúe unha extensión Mozilla/Firefox, que permite ver algúns ficheiros Quicktime e Windows Media incrustados nas webs sen ter que usar produtos de Microsoft ou Apple.
Da versión 0.8.2 en diante, o VLC vén cunha extensión ActiveX, que permite ver algúns ficheiros QuickTime e Windows Media incrustados nas webs, cando se navega co Internet Explorer.
O VLC media player pódese usar coma unha aplicación portable.
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: VLC media player |
Outros artigos
- Lista de reprodutores de medios
- Comparación de reprodutores de medios
Ligazóns externas
- Páxina principal do proxecto VLC (tradución en galego)
- Foros de VideoLAN (en inglés)
- Listaxe de formatos admitidos (en inglés)
- Páxina de axuda de VideoLan (en inglés)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads