serie de televisión galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Padre Casares foi unha serie de televisión galega estreada no ano 2008, converténdose na serie revelación da tempada na TVG. Dirixida por Manuel A. Espiñeira, Jorge Coira, Carlos Sedes e Marta Piñeiro, escrita por Carlos Portela e producida por Voz Audiovisual, emitiuse con éxito os luns pola noite na TVG desde o 15 de xaneiro de 2008 ata o 28 de setembro de 2015. Os exteriores son gravados na parroquia de Santaia de Liáns (Oleiros), e no lugar de Redes (Ares) e en Santiago de Compostela.
Igrexa de Santo Antonio de Louredo (na ficción).[1] | |
Formato | Comedia |
---|---|
Dirixido por | Manuel A. Espiñeira Jorge Coira Carlos Sedes e Marta Piñeiro |
Intérpretes | Pedro Alonso Tuto Vázquez Gonzalo Rei Chao Mercedes Castro Tacho González Xosé Manuel Olveira "Pico" Antonio Durán "Morris" Avelino González Federico Pérez María Tasende María Vázquez Fina Calleja Patricia Vázquez Mon Santiso Ana Santos Álex Carro Eva Fernández |
Tema de apertura | "O Pirimpinpín" (Malvela) |
País de orixe | Galiza |
Temporadas | 15 |
Episodios | 232 |
Produtor(es) executivo(s) | Carlos Portela Alfonso Blanco Carlos Carballo |
Duración | aproximadamente 65 minutos por episodio |
Canle de orixe | TVG |
Formato de imaxe | 16:9 |
Primeiro episodio | 15 de xaneiro de 2008 |
Derradeiro episodio | 28 de setembro de 2015 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi o espazo con máis audiencia da TVG nas tempadas 2008-09 e 2009-10, e segundo a tempada anterior, por detrás de Libro de familia. A IB3 das Baleares realizou unha adaptación en mallorquín, Mossèn Capellà, Canal Sur andaluz en castelán, Padre Medina, e o Canal 9 en valencián Senyor retor, dúas canles máis, Telemadrid e Castilla-La Mancha Televisión, emitírona dobrada ao castelán.
Esta produción estaba protagonizada por Horacio Casares, un moderno sacerdote acabado de saír do seminario que chega á vila de Louredo, un concello mariñeiro de 1.000 habitantes, en substitución de don Crisanto, un cura vello e que levaba toda a vida ó cargo da parroquia. Esta situación traeralle algúns problemas de adaptación que se narran ó longo dos 23 episodios da primeira tempada da serie.
O padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, ten un soño: ir a Ruanda como misioneiro. Pero é destinado a Santo Antonio de Louredo, unha pequena vila da costa galega, para substituír a don Crisanto, o párroco de toda a vida. Horacio e os veciños de Louredo terán que facer fronte ás súas diferenzas, aprendendo a convivir e aceptarse os uns aos outros. Malia todos os seus esforzos por adaptarse, Horacio acabará por pedirlle ao bispo que o releve do seu cargo. Pero don Crisanto adiviñará a verdadeira razón pola que Horacio quere marchar: Iria, a mestra da vila.
Os habitantes de Louredo comezan a sentir afecto polo padre Casares, aínda que non acaban de entender os seus modernos costumes. Católicos e ateos únense para evitar que Horacio marche da vila. O sacerdote resolve as súas dúbidas e decide aceptar o seu destino como párroco de Santo Antonio. Quédanlle por diante uns meses repletos de emocións: un roubo na igrexa, unha praga bíblica, un neno abandonado na reitoral, unha voda gai... e as eleccións locais. O vello don Crisanto pretende arrebatarlle o poder a Delmiro, o alcalde comunista da vila. E a votación final non pode ser máis axustada...
O novo alcalde de Louredo comeza a impoñer as súas estritas normas. As mulleres do PCAR (Partido Católico Apostólico Romano) semellan encantadas co cambio de edil. Pero non todos os veciños están dispostos a vivir baixo o réxime de don Crisanto, e mesmo os funcionarios pensan ir á folga. O padre Casares buscará un sorprendente aliado para conseguir que as cousas volvan ao rego. A traxedia sacudirá á vila e os acontecementos farán que a xente, á fin, considere a Horacio “un dos seus”. Por iso, non pensan permitir que o sacerdote pase só o seu primeiro Nadal en Louredo.
O padre Casares leva un ano na vila, pero os seus fregueses non deixan de sorprendelo: mesmo fan unha colecta para que o sacerdote marche de vacacións. O que non sabe é que todo forma parte dunha estratexia para poder celebrar o salto do porco. Á volta da viaxe, Horacio resolverá un misterio relacionado con Amelia. Pero o da súa gobernanta non será o único segredo que saia á luz. Horacio atoparase nunha nova encrucillada, e unha decisión mudará para sempre a súa vida en Santo Antonio de Louredo. Nada volverá ser igual desde ese momento para o padre Casares.
O cambio de goberno na Xunta de Galicia trunca as expectativas políticas de Delmiro, que tardará en asimilar o golpe. Pero malia que non vaia ser Conselleiro, os veciños de Santo Antonio de Louredo aínda precisan do seu alcalde. Aproxímanse tempos tumultuosos na vila, e o padre Casares deberá afrontalos sen un dos seus principais apoios: Iria, a mestra. Con todo, Horacio recibirá a uns visitantes inesperados que non deixarán indiferente a ningún dos seus fregueses.
É tempo de festa en San Antonio de Louredo e un sospeitoso gromo de gripe A pon en perigo a presenza do padre Casares no Salto do porco. Pero non é a gripe a única preocupación de don Horacio: a súa boa fama corre perigo cando os veciños descobren que asistiu a despedida de solteiro de Miñato nun bar de alterno. Non será a única dor de cabeza ó párroco os amores de Miñato. E se de amores falamos, o de Fina e Josito verase enturbado polos manexos dos veciños. Nin sequera Delmiro é quen de axudar ó seu cuñado. Bastante ten con non volverse tolo: asegura que Fidel Casto aparéceselle por todas partes. A decisión de Santi de facerse sacerdote, a saúde de don Crisanto, que non deixa de comer ás agachadas, e finalmente, a visita da ex-moza de Horacio, farán que este dubide da súa vocación coma sacerdote. O regreso de Iria á vila xogará un importante papel na súa decisión final.
As dúbidas de Horacio sobre a súa vocación sacerdotal son cada vez máis fortes. O apaixonado bico que Iria e máis el se deron no salón de baile, fará que o sacerdote teña que cuestionarse o que quere facer coa súa vida. Mentres tanto, Delmiro terá que enfrontarse a un dos seus máis difíciles retos como alcalde: lograr que o Concello de Louredo supere a crise económica máis forte da súa historia. Ademais, a visita do Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela revolucionará ós fregueses da vila. Sobre todo a Delmiro, que fará todo o posible para evitar que Louredo renda a súa particular homenaxe ó Gran Corvo Branco.
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor serie de televisión | Gañadora | |
Mellor interpretación masculina protagonista | Pedro Alonso | Nomeado | |
Antonio Durán "Morris" | Nomeado | ||
Mellor interpretación masculina secundaria | Tuto Vázquez | Nomeado | |
Mellor guión | Carlos Portela Víctor Sierra Araceli G. Cabreira Gema R. Neira Lidia Fraga | Nomeados | |
Mellor realización | Jorge Coira Carlos Sedes Manuel Espiñeira Álex Sampayo | Gañadores | |
Mellor son | Rubén Bermúdez Víctor Seixo | Nomeados | |
Mellor música orixinal | Manuel Riveiro | Nomeado | |
Mellor dirección de produción | Ana Míguez Alfonso Blanco | Nomeados | |
Mellor dirección de fotografía | Carlos Vilas | Nomeado | |
Mellor deseño de vestiario | Ruth Díaz Julia Rodríguez | Nomeadas | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Natalia Arcay Beatriz Vázquez Noelia Arcay | Nomeadas | |
2009 | Mellor serie de televisión | Nomeada | |
Mellor interpretación masculina protagonista | Pedro Alonso | Nomeado | |
Antonio Durán "Morris" | Nomeado | ||
Mellor interpretación feminina protagonista | Mercedes Castro | Nomeada | |
Mellor guión | Carlos Portela Víctor Sierra Lidia Fraga | Nomeados | |
Mellor realización | Manuel Espiñeira | Nomeado | |
Mellor dirección de produción | Ana Míguez Alfonso Blanco Paula Fernández | Nomeados | |
Mellor deseño de vestiario | Julia Rodríguez | Nomeadas | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Beatriz Vázquez Noelia Arcay | Nomeadas | |
2010 | Mellor serie de televisión | Nomeada | |
Mellor interpretación masculina protagonista | Antonio Durán "Morris" | Nomeado | |
Mellor realización | Manuel Espiñeira Marta Piñeiro | Nomeados | |
2011 | Mellor serie de televisión | Nomeada | |
Mellor interpretación femenina secundaria | Fina Calleja | Nomeada | |
2012 | Mellor serie de televisión | Nomeada | |
Mellor interpretación masculina protagonista | Antonio Durán "Morris" | Nomeado | |
Mellor interpretación masculina secundaria | Tacho González | Nomeado | |
2013 | Mellor serie de televisión | Nomeada | |
Mellor interpretación masculina protagonista | Antonio Durán "Morris" | Nomeado | |
Mellor interpretación feminina protagonista | Mercedes Castro | Nomeada | |
Mellor interpretación feminina secundaria | Covadonga Berdiñas | Nomeada | |
Ano | Categoría | Persoa/s | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor Programa Autonómico de Ficción | Gañador | |
Ano | Categoría | Persoa/s | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Ninfa de Ouro á Mellor serie de TV - Drama | Nomeado | |
Ninfa de Ouro ao Mellor actor dramático | Pedro Alonso | Nomeado | |
Ninfa de Ouro ao Mellor actor dramático | Antonio Durán "Morris" | Nomeado | |
Ninfa de Ouro á Mellor actriz dramática | María Vázquez | Nomeada | |
Ninfa de Ouro á Mellor actriz dramática | Mercedes Castro | Nomeada | |
Ninfa de Ouro ao Mellor produtor europeo | Carlos Carballo Carlos Portela Alfonso Blanco | Nomeados | |
Ninfa de Ouro ao Mellor produtor internacional | Carlos Carballo Carlos Portela Alfonso Blanco | Nomeados | |
En 2010 recibiu o premio ¡Bravo!, da Conferencia Episcopal Española, polo seu servizo a prol da «dignidade do home, os dereitos humanos e os valores evanxélicos»[2].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.