LibreOffice
Suite de ofimática multiplataforma gratuíta e de código aberto. From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
LibreOffice é unha suite ofimática libre, de código aberto e de balde desenvolvida por The Document Foundation como unha bifurcación de OpenOffice.org, a súa orixe remóntase ao 28 de setembro de 2010 cando un grupo de membros da comunidade de desenvolvemento do proxecto OpenOffice.org formaron The Document Foundation (TDF), co obxectivo de coordinar e desenvolver unha bifurcación do produto de software Oracle Open Office (OOO), logo de que Oracle tras mercar Sun decidira pór fin á súa participación no desenvolvemento de OpenOffice.org.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Remove ads
The Document Foundation obtivo o apoio maioritario da comunidade de desenvolvedores independentes de OpenOffice.org, e tamén de diversas empresas (Canonical, Novell, Red Hat etc.) co obxectivo de producir unha suite ofimática independente de calquera empresa, baseada no formato estándar e aberto ODF e sen a obriga de ceder a autoría do código a Oracle. Oracle, o mesmo que antes Sun, impuxo que a autoría do código se lle asigne a Oracle mediante a sinatura dun acordo de contribución. LibreOffice pretendía ser un nome temporal en tanto se esperaba a decisión definitiva sobre a marca «OpenOffice» que a comunidade de OpenOffice.org contribuíra a crear durante toda unha década. Máis recentemente, e en virtude do que lle permiten estes acordos, Sun cedeu os dereitos de explotación do código de OpenOffice.org á Fundación Apache, e pechou o proxecto OpenOffice.org. Baixo os auspicios desta meritoria fundación Apache, está actualmente en fase de incubación unha nova bifurcación ou derivado do antigo proxecto OOo que fusiona o código base de OOo e o da antiga derivada Symphony, propiedade de IBM; este novo proxecto chamarase Apache Open Office (AOO).
Deste xeito, tanto LibreOffice como Apache OpenOffice son os proxectos continuadores do antigo proxecto OpenOffice.org. Respecto das extensións ou da documentación, estas non formaron parte nunca dos acordos de colaboración no Proxecto OpenOffice.org e, por tanto, teñen historia e concreción diferentes en cada caso.
Remove ads
Características
Aplicacións incluídas
Sistemas operativos
A iniciativa de desenvolvemento da The Document Foundation céntrase nas plataformas de Linux (IA-32, x86-64 e ARM) e macOS (x86-64) e Microsoft Windows (IA-32 e x86-64).[8][9]Ademais, existen migracións feitas pola comunidade de desenvolvedores a FreeBSD[10], NetBSD[11], OpenBSD e Mac OS X 10.5 PowerPC[12]. Nese caso os usuarios reciben o apoio dos desenvolvedores deses proxectos.[13][14][15] LibreOffice tamén se pode instalar en OpenIndiana empregando SFE.[16]
As suites que precederon a LibreOffice, ata StarOffice 3, estaban dispoñibles para Solaris con CPUs SPARC de Sun Microsystems. Para este sistema operativo hai migracións non oficiais de Libreoffice, inda que de versións xa obsoletas de Libreoffice. As últimas migracións permitían usar só Libreoffice 5.2.5 en hardware compatible con Intel e ata o Solaris 11.
Desde 2011 houbo plans para levaren LibreOffice a Android e iOS.[17] Hai visores de documentos, con algunha capacidade de edición, para Android desde a versión 4.0 desde 2015.[18][19]
Formato de ficheiros soportados
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Licenzas
O proxecto LibreOffice ten unha dobre licenza de LGPL v3, ou posterior, e MPL 2.0.[20] Xa que no seu momento se lle doara a Apache Software Foundation a base de código de OpenOffice, está a darse un esforzo no desenvolvemento para refacer todo o código para poder adaptarse a calquera cambio de licenza.
En canto as licenzas, existiron queixas de que IBM non liberara todo o código de Lotus Symphony como código aberto inda que tiña afirmado iso. Así mesmo, algúns desenvolvedores quixeron incorporar algúns bloques de código e corrección de erros que IBM fixara na súa copia de traballo de OpenOffice.[21]
Remove ads
Historia
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads