Minardi
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Minardi F1 Team foi unha escudería italiana fundada en 1979 por Giancarlo Minardi, participante desde 1980 en Fórmula 2, e desde 1985 en Fórmula 1. Habituais na grella até 2005, ano no que foi mercado para formar Scuderia Toro Rosso, xamais acadou ningunha pole nin ningunha vitoria.
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Remove ads
Historia
Desde os seus comezos na máxima categoría do automobilismo mundial, o equipo colleitou só 31 puntos nos campionatos (aínda que co sistema moderno de puntuación esta cifra aumentaría), e arredor da metade deles foron obtidos polo seu primeiro piloto, Pierluigi Martini. Martini foi tamén quen conseguiu a única primeira fila na grella de saída para a escudería, e incluso liderou durante unha volta no G.P de Portugal do 1989. Non obstante, Minardi nunca obtivo un podio na súa historia, sendo o seu mellor resultado un cuarto lugar. Esta posición foi ocupada dúas veces por Martini en 1991 e outra vez por Christian Fittipaldi en 1993.
Cerca da quebra en moitas ocasións, o equipo foi comprado polo magnate australiano Paul Stoddart a principios de 2001. Desde que pasou a ocupa-la posición de director do equipo, Stoddart rogou pola redución dos custos neste deporte. Solicitou aos principais construtores un acordo, segundo o cal os equipos independentes (que son os que teñen finanzas máis febles) poderían acceder a provisión de motores a un prezo menor do que teñen na actualidade. A cambio, as principais escuderías lograrían o apoio das máis pequenas no momento de opoñerse a cambios no regulamento propostos pola FIA. Un exemplo disto é a prohibición do sistema de control de tracción, a cal moitos equipos (incluído Minardi) se opoñen, aínda que Stoddart ameazou con retirar o seu apoio.
Minardi presentou no 2004 a dous debutantes na categoría, o italiano Gianmaria Bruni e o húngaro Zsolt Baumgartner. Durante a temporada, festexaron o vixésimo aniversario da escudería. Baumgartner obtivo un punto para a escudería no Gran Premio dos Estados Unidos tras máis de dous anos de seca, ao finalizar oitavo entre os oito coches que cruzaron a liña de chegada. O piloto converteuse tamén no primeiro húngaro en obter un punto na Fórmula 1 moderna.
A pesar da súa fama de equipo de segunda, a escudería ha foi o berce de pilotos que logo se converteron en estrelas da categoría. Giancarlo Fisichella, Jarno Trulli e Fernando Alonso (quen xa gañaron na categoría), ademais da promesa Mark Webber, integraron as filas do equipo nos seus inicios.

Remove ads
Venda a Red Bull Racing
Durante a Temporada 2005 de Fórmula 1, Paul Stoddart anunciou que Minardi foi vendida a marca de bebidas enerxéticas Red Bull. A pesar que Red Bull xa ten o seu equipo principal na Fórmula 1, decidiu usa-la compra de Minardi para cultivar novos talentos que serían as estrelas do futuro.
O 1 de novembro de 2005 pasou a chamarse Scuderia Toro Rosso despois da compra de Minardi.
Giancarlo Minardi recuperou os dereitos sobre o nome do equipo e, a partir de 2006, competirá na serie EURO 3000 de novo como Minardi e baixo as cores orixinais da escudería faentina: amarelo e azul marino.
Remove ads
Equipos
Minardi continúa en diferentes competicións fóra da Fórmula 1. Actualmente participa no campionato "3000 Euroseries", na "GP2 Series" e na fórmula americana "Champ Car".
Rumores
Minardi puido entrar de novo na Fórmula 1 con outro nome no ano 2008. Finalmente non puido ser.
Resultados completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Remove ads
Notas
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads