Foi unha década que na súa primeira metade seguiu fortemente marcada pola crise económica mundial que comezou en 2008. A día de hoxe, fálase dela como a «Segunda Gran Recesión». A crise de débeda soberana puxo en xaque á Unión Europea, xa que catro estados membros da Zona Euro (Grecia, Irlanda, Portugal e Chipre) tiveron que ser rescatados. O Reino Unido no 2016 tras un referendo converteuse no primeiro estado membro da UE que decidiu abandonar a Unión.
A Primavera árabe marcou os primeiros meses do ano 2011. Unhas revolucións sen precedentes en varios países árabes serviron para acabar con réximes ditatoriais que os gobernaron por varias décadas en países como Tunisia, Exipto ou Libia. Porén, a gran inestabilidade dos países árabes provocou que grupos fundamentalistas islámicos como o Estado Islámico apareceran e tomaran extensas zonas en Siria, Iraq, Exipto e Libia. Aínda que se formou unha coalición contra o EI non se evitou que este cometera numerosos atentados en Europa, en lugares como Francia (atentado na sede de Charlie Hebdo e atentados de París de novembro de 2015, ambos no 2015 e o atentado de Niza de 2016 no 2016), ou Bélxica (atentados de Bruxelas de 2016). Ademais, os terroristas islámicos cometeron numerosos atentados en países musulmáns como Turquía, Tunisia, Exipto ou Iraq.
Iniciouse a dispoñibilidade da versión do sistema operativo Windows 7.
A película de ficción científica Avatar, que fora realizada por James Cameron, acadou unha plusmarca histórica nas vendas superando a Titanic, de 1997.
O xadrecista noruegués Magnus Carlsen logra clasificarse como número un do mundo con dezanove anos de idade, sendo o xogador máis novo en alcanzar dita posición.
España asume a Presidencia do Consello da Unión Europea, sucedendo a Suecia.[1]
Empeza o segundo Ano Santo Xacobeo do terceiro milenio, convocado en maio de 2009.[2]
Empeza o segundo Ano Santo en Caravaca de la Cruz concedido pola Santa Sé a perpetuidade con periodicidade cada 7 anos.
Chuvias moi fortes e enchentes severas causan desmoronamentos de terra, que provocaron a morte de 53 persoas en Angra dos Reis, e a destrución do patrimonio histórico de São Luís do Paraitinga.
Até estes días Australia sofre as peores inundacións desde hai 100anos, deixando unhas 12 vítimas mortais, miles de desaparecidos e, como mínimo, 3.600 refuxiados en centros de evacuación.
12 de xaneiro - En Chile, prodúcense protestas na rexión de Magallanes, especificamente en Punta Arenas, pola alza do gas por parte do goberno de Chile.
Cúmprense 10 anos da Wikipedia (na versión en inglés).[167]
En Tunisia é nomeado presidente interino o até daquelas presidente do Parlamento Fouad Mebazaa, co que se confirma a caída de Ben Ali (exiliado en Arabia Saudita).[168][169]
A Revolución dos Xasmíns de Tunisia crea unha inestabilidade política rexional e ameaza con derribar algunhas ditaduras do norte de África e Medio Oriente.
1 de xaneiro: no Xapón séntese un sismo de 7 graos sen vítimas nin alerta de tsunami.[497]
1 de xaneiro: o Parlamento árabe pide retirar os seus observadores do territorio sirio, o que lle permite ao Goberno ocultar os seus abusos na guerra civil.[498]
4 de xaneiro: descubrimento dos primeiros tiburóns híbridos en Australia.[499]
4 de xaneiro: lógrase abrir un burato no espazo-tempo, pero cunha duración de 40picosegundos.[501]
5 de xaneiro: en Bagdad e Nasiriya (Iraq) varios atentados terroristas contra musulmáns xiítas deixan polo menos 78mortos e decenas de feridos. Esta nova escalada busca incitar a violencia sectaria no país.[502]
6 de xaneiro: en Siria un atentado na capital Damasco deixa polo menos 26 mortos, mentres que a represión das forzas do goberno contra as manifestacións opositoras e os choques armados con militares rebeldes deixan polo menos outros 35 mortos en varias rexións do país.[503]
6 de xaneiro: en Nixeria ataques terroristas cometidos nos últimos dous días polo grupo fundamentalista islámico Boko Haram contra cristiáns deixan polo menos 28 mortos e obrigan a impoñer o toque de queda no estado nixeriano de Adamawa para conter unha escalada que podería desatar unha guerra civil sectaria no país.[504]
6 de xaneiro: en Somalia un bombardeo aéreo das forzas militares da veciña Kenya contra forzas do grupo fundamentalista islámico somalí Al-Shabbaab (vinculado a Al Qaeda) deixa polo menos 60milicianos mortos. O bombardeo formaba parte da ofensiva das tropas quenianas para conquistar a cidade costeira somalí de Kismayo baixo control de Al-Shabbaab, en resposta a accións terroristas como o secuestro de cooperantes españois.[505]
14 de xaneiro: en Iraq un atentado terrorista suicida na cidade de Basora deixa polo menos 53 mortos. As vítimas eran peregrinos que participaban nunha festividade relixiosa islámica xiíta.[507]
15 de xaneiro: en Rada (Iemen), unha forza de asalto de 400 terroristas de Al Qaeda toma o control da cidade e proclama un «emirato islámico», mentres a poboación civil intenta fuxir ante o temor dunha batalla campal cando o exército iemení intente recuperar a cidade.[508]
18 de xaneiro: en Birmania, unha explosión causa 3 mortos tras o reinicio das conversacións de paz.[509]
18 de xaneiro: nos Estados Unidos, O Pentágono cifra en 19.000 os casos de abuso sexual nas Forzas Armadas.[510]
20 de xaneiro: en Nixeria varios ataques terroristas cometidos na cidade de Kano polo grupo fundamentalista islámico Boko Haram causan polo menos 250 mortos. Os obxectivos dos ataques eran principalmente comisarías de policía.[511]
21 de xaneiro: na India morren polo menos 13 policías nun ataque armado de guerrilleiros comunistas maoístas.
22 de xaneiro: en Nixeria, o grupo Boko Haram continúa a campaña de terror asasinando a 9 persoas de relixión cristiá e destruíndo igrexas.
23 de xaneiro: en Libia un grupo armado de presuntos partidarios do derrocado e falecido ditador libio Muammar al-Gaddafi toman o control de parte da cidade de Bani Walid logo de violentos combates, nun aparente intento de desatar unha rebelión contra o novo goberno.
27 de xaneiro: en Iraq un atentado terrorista suicida nun funeral xiíta en Bagdad deixa polo menos 31mortos e 60feridos.[512]
30 de xaneiro: en Siria intensifícanse os combates entre as forzas leais ao goberno e os militares rebeldes do exército popular a poucos quilómetros da capital Damasco. As forzas gobernamentais empregan artillaría pesada e tanques nun esforzo para expulsar os rebeldes dos suburbios da capital que controlan.[513]
30 de xaneiro: en Bruxelas comeza un cumio extraordinario da Unión Europea para tomar medidas para reactivar o crecemento e o emprego e seguir intentando evitar unha recesión grave nas economías europeas.[514]
En Talín (Estonia), o transporte público empeza a ser gratuíto para os seus cidadáns, sendo así, o primeiro estado da Unión Europea en ofrecer esta alternativa.[624][625][626]
8 de xaneiro - En Siria, en plena guerra, mísiles do exército impactan en Alepo, unha das cidades máis conflitivas da contenda.[634]
9 de xaneiro - A Fragata Libertad da Arxentina regresa á Base Naval de Mar del Plata tras estar 78 días retida no porto Tema de Ghana polo reclamo xudicial dos fondos voitre.
Ante a imposibilidade de que o presidente Hugo Chávez xuramente fisicamente para o seu novo mandato (2013 - 2019) en Venezuela, o mesmo pobo fai un "xuramento" en nome do xefe de Estado nun multitudinario acto.
Dous atentados deixan un saldo de 101 vítimas mortais no Paquistán.
11 de xaneiro - Francia inicia a intervención militar en Malí para frear o avance de rebeldes islámicos ligados a Al Qaeda.
Australia anuncia que retirará as súas tropas de Afganistán a finais de 2013 e non no primeiro trimestre de 2014, como estaba previsto. Isto débese a que a seguridade do país ocupado transferiuse ao seu exército e Policía Nacional.[635]
Durante a guerra civil siria, dous ataques con explosivos destrúen a Universidade de Alepo, deixando 80 persoas falecidas.[636]
A secretaria de Estado dos Estados Unidos, Hillary Clinton, exhorta o goberno comunista de Laos, para que abra unha investigación co fin de coñecer o paradoiro dun activista social nese país, Somphone Sombath, quen desapareceu na capital, Vientiane, en decembro de 2012.[637]
En Colombia o ELN atribúese o secuestro de cinco enxeñeiros, entre eles dous peruanos e un canadense no norte de Bolívar.
22 de xaneiro - Nos arredores da Base militar de Incirlik, en Turquía, polo menos 25 persoas son detidas cando participaban nunha manifestación contra o despregue de mísiles da OTAN na fronteira con Siria. Os protestantes temen que o país se converta no centro dunha actividade militar contra a súa veciña nación do sur. Pola súa parte, a organización bélica asegura que esta misión ten como fin protexer Turquía da guerra civil en Siria.[639]
23 de xaneiro - Na capital de Venezuela, Caracas, a oposición realiza unha multitudinaria congregación en rechazo á decisión que tomou o Tribunal Supremo de Xustiza de postergar indefinidamente a toma de posesión presidencial de Hugo Chávez, pola súa enfermidade. Estivo presente o dirixente opositor, Henrique Capriles, quen exhortou a unidade da oposición e a derrotar “a violencia” do Goberno. O oficialismo tamén estivo aglomerado para expresar a súa solidariedade co xefe de Estado, quen se encontraba na capital cubana desde o 11 de decembro do ano anterior.[640]
26 de xaneiro - Sentenza de morte a 21 persoas deriva en protestas contra o tribunal na cidade exipcia de Port Said, nas que morren 31 manifestantes e dous axentes da policía, isto no contexto da Traxedia de Port Said ocorrida un ano atrás.[643]
Explosión da Torre Executiva Pemex (capital de México), deixa 37 mortos,[648] 126 lesionados e varias persoas atrapadas dentro do edificio sinistrado, que quedou con importantes danos no interior.
Preto da cidade de Pretoria, en Suráfrica, un tren impacta con outro estacionado, deixando polo menos 200 persoas feridas e unha perda duns 164.206 rands surafricanos.[649]
O volcán Lokon da illa Célebes, en Indonesia, expulsa unha nube de po duns 800 m de altura e rexistra dúas explosións durante as primeiras horas do día, pondo en alerta os habitantes da illa. En consecuencia, as autoridades fixan un raio de seguridade de 2,5km e a Axencia Nacional de Vulcanoloxía de Indonesia alerta a poboación a través dun diario local sobre a probabilidade de máis erupcións e pide que se manteñan afastados do accidente xeográfico.[650]
Comeza a venda legal de marihuana con fins recreativos no estado de Colorado, converténdose así no primeiro mercado público de marihuana dos Estados Unidos.[704]
20 de xaneiro: Catherine Samba-Panza ocupa de forma interina a presidencia da República Centroafricana, dez días despois da dimisión do presidente Michel Djotodia.[706]
23 de xaneiro: O goberno do Sudán do Sur e as forzas rebeldes firman un alto o fogo no conflito iniciado a mediados de decembro de 2013.[707]
7 de xaneiro: Prodúcese un ataque terrorista contra a sede de Charlie Hebdo. Morren asasinados: Jean Cabut, 76 anos, Stéphane Charbonier, 47, Bernard Verlhac, 57, Philippe Honoré, 73, e Georges Wolinski, 80, debuxantes franceses. Tamén, Bernard Maris, 68 anos, escritor francés.
3 de xaneiro: Arabia Saudita rompe relacións diplomáticas con Irán a raíz das fortes protestas provocadas pola ejecución de Nimr Baqr al-Nimr.[759]
4 de xaneiro: na India e Bangladés, rexístrase un terremoto de magnitude 6,9 na escala de Richter que deixa 10mortos e 160feridos.[760]
5 de xaneiro: Na Asemblea Nacional de Venezuela asumen como deputados os 167 candidatos electos nas eleccións do 6 de decembro, dando inicio ao IV período lexislativo dese órgano.
8 de xaneiro: na cidade de Los Mochis (México), o narcotraficante Joaquín Guzmán Loera «El Chapo Guzmán» é capturado por terceira vez nun operativo da mariña mexicana despois da fuga do 11 de xullo de 2015.[762]
Rexístranse en Yakarta, capital de Indonesia, 5 explosións nun centro comercial e varios tiroteos, que deixan un saldo de 5 mortos e 19 feridos. O Estado Islámico adxudicouse os atentados.
15 de xaneiro: un atentado terrorista nun hotel en Uagadugú (Burkina Faso) deixa polo menos 29persoas mortas e 30feridos. Os grupos terroristas Al Qaeda del Magreb Islámico e Al Murabitun reivindican a súa autoría do atentado.
9 de maio: O partido da oposición liderado polo ex-primeiro ministro Mahathir bin Mohamad gaña as eleccións de Malaisia, dando paso ao primeiro cambio de goberno do país.