Ástato
elemento químico de número atómico 85 From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O ástato[1] é un elemento químico da táboa periódica de símbolo At e número atómico 85. Este elemento radioactivo, o máis pesado dos halóxenos, prodúcese a partir da degradación de uranio e torio.
Remove ads
Características
Este elemento altamente radioactivo, segundo confírmase por espectrometría de masas, compórtase quimicamente de xeito moi semellante aos outros halóxenos, especialmente o iodo (probabelmente acumúlase na glándula tiroide coma o iodo). O ástato é probabelmente máis metálico que o iodo. Investigadores do Laboratorio Nacional Brookhaven realizaron experimentos, nos cales indentificaron e mediron reacción elementais onde internvén o anión Astatur (At -).
A cantidade total de ástato nun momento determinado, en toda a codia terrestre crese que é inferior a 30 gramos, tendo en conta que este elemento créase continuamente (a partir do uranio e o torio presentes na codia terrestre) e volve a descomporse noutros elementos rapidamente.
Remove ads
Historia do elemento
O ástato (do grego ástatos que significa "inestábel") foi sintetizado por primeira vez en 1940 por Vall R. Corson, K. R. MacKenzie, Emilio Segre da Universidade de California, Berkeley por bombardeo de átomos de bismuto con partículas alfa mediante a reacción nun ciclotrón.
Ocorrencia
O ástato prodúcese bombardeando bismuto con partículas alfa enerxéticas para obter At-209 e At-211 cuns períodos de semidesintegración relativamente longos, os cales poden ser entón separados por destilación do bismuto quentándoo en presenza de ar.
Isótopos
O ástato ten uns 20 isótopos coñecidos, e todos eles son radioactivos; o isótopo de vida máis longa é o At-210 cun período de semidesintegración de só 8.3 horas.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads