Terbio
elemento químico de número atómico 65 From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O terbio é un elemento químico da táboa periódica con símbolo Tb, sólido metálico de cor branca e brillo prateado. O seu número atómico é 65, cunha masa atómica de 158,9. Ten unha densidade de 8,3 g/cm³, cun punto de fusión de 1.360 °C e un punto de ebulición de 3.041 °C. É un metal de transición interna da familia dos lantánidos. Este elemento químico foi descuberto por Carl Gustaf Mosander en 1843 e illado por Georges Urbain en 1905. Atópase habitualmente coma óxido nas terras raras. Forma sales trivalentes de cor branca con solucións incoloras.
Remove ads
Historia
O terbio foi descuberto en 1843 polo químico sueco Carl Gustaf Mosander, quen o detectou coma impureza no óxido de ytrio. O seu nome débese á localidade sueca Ytterby. Non foi illado en estado puro ata que se fixeron habituais as novas técnicas de intercambio de ións.
Este elemento clasificase coma terra rara. O termo "rara" pode conducir a equívoco, pois o terbio é máis común que metais coma a prata ou o mercurio. Antigamente empregábase esta terminoloxía porque os elementos clasificados coma tal eran moi difíciles de separar uns doutros. Non eran raros na Terra, senón que eran raramente empregados para algo.
Remove ads
Obtención
O terbio non se atopa nunca en estado libre na natureza, senón contido en diversos minerais coma a cerita, a gadolinita, a monazita, a xenotima e a euxenita, algúns deles cun contido inferior ao 1% de terbio.
Características
O terbio é de cor branca-prateada, razoablemente estable ao aire, maleable, dúctil e o suficientemente brando coma para ser cortado por un coitelo. Existen dúas variedades alotrópicas, cunha temperatura de transformación de 1289 °C.
Aplicacións
Este elemento empregase no dopaxe de materiais usados en dispositivos de estado sólido, tales coma o fluoruro de calcio, o tungstato de calcio e o molibdato de estroncio. O oxosulfato de gadolinio dopado con terbio é un dos mellores colorantes en Raios X.
Tamén se emprega coma cristal estabilizador en células de combustible que operan a elevadas temperaturas, xunto ao óxido de circonio, en aliaxes e na produción de compoñentes electrónicos. O seu óxido utilizase nos fósforos verdes de lámpadas fluorescentes e tubos de raios catódicos. O borato de terbio e sorbio aplicase tamén en electrónica.
Remove ads
Isótopos
Na natureza atópanse compostos dun isótopo estable, o 159-Tb. Outros 33 radioisótopos están rexistrados, sendo o 158-Tb o máis estable de todos, cunha vida media de 180 anos. Os isótopos 157-Tb e 160-Tb teñen unha vida media ao redor dos 70 anos. Os restantes radioisótopos teñen vidas medias de menos de 7 días, moitos deles de menos de 24 segundos.
Precaucións
Ao igual que o resto de lantánidos, os compostos do terbio teñen un nivel moderado de toxicidade, aínda que esta non se investigou en profundidade. Non se coñece ningún papel deste elemento no ciclo biolóxico.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads