Disprosio
elemento químico de número atómico 66 From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O disprosio é un elemento químico da táboa periódica, de símbolo Dy e número atómico 66.
Remove ads
Características principais
O disprosio é unha terra rara que presenta brillo metálico prateado e relativamente estable en aire a temperatura ambiente, pero que se disolve facilmente en ácidos minerais, xa sexan concentrados ou diluídos, con emisión de hidróxeno, isto é, oxidándose. É o bastante mol como para ser cortado cun coitelo, e pode ser procesado con máquinas sen emitir faíscas, se se evita o sobrequecemento. As características do disprosio poden verse moi afectadas por pequenas cantidades de impurezas.
Remove ads
Aplicacións
O disprosio úsase, en conxunción con vanadio e outros elementos, como compoñente de materiais para láseres. A súa alta sección eficaz de absorción de neutróns térmicos e o seu alto punto de fusión tamén suxiren a súa utilidade para barras de control nuclear. Un óxido mixto de disprosio e níquel forma materiais que absorben os neutróns e non se contraen nin dilatan baixo bombardeo prolongado de neutróns, e que se usan para barras de arrefriamento en reactores nucleares. Algúns calcoxenuros de disprosio e cadmio son fontes de radiación infravermella para o estudo de reaccións químicas. O disprosio tamén se usa na fabricación de discos compactos.
Remove ads
Compostos
Case todos os compostos de disprosio están en estado de oxidación +3 e son fortemente paramagnéticos. Entre os compostos de disprosio inclúense os fluoruros, cloruros, bromuros, ioduros, óxidos, sulfuros e nitruros.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads