O radon[1] é un elemento químico pertencente ao grupo dos gases nobres. Ten número atómico 86 e o seu símbolo é Rn. Na súa forma gasosa é incoloro, inodoro e insípido (en forma sólida a súa cor é avermellada). A súa masa media é de 222, o que implica que por termo medio ten 222-86 = 136 neutróns. Igualmente, en estado neutro correspóndelle ter o mesmo número de electróns que de protóns, isto é, 86.
Datos rápidos Información xeral, Propiedades atómicas ...
Radon |
| [[Ficheiro:|200px]] |
|
|
| [[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]] |
| Liñas espectrais do Radon |
| Información xeral |
| Nome, símbolo, número |
Radon, Rn, 86 |
| Serie química |
Gases nobres |
| Grupo, período, bloque |
18, 6, p |
| Densidade |
9.73 kg/m3 |
| Dureza |
{{{dureza}}} |
| Aparencia |
Incoloro
|
| N° CAS |
10043-92-2 |
| N° EINECS |
|
| Propiedades atómicas |
| Masa atómica |
(222) u |
| Raio medio |
pm |
| Raio atómico (calc) |
120 pm |
| Raio covalente |
150 pm |
| Raio de van der Waals |
220 pm |
| Configuración electrónica |
[Xe]4f14 5d10 6s2 6p6 |
| Electróns por nivel de enerxía |
2, 8, 18, 32, 18, 8 |
| Estado(s) de oxidación |
6, 2, 0 |
| Óxido |
|
| Estrutura cristalina |
Cúbica centrada nas caras |
| Propiedades físicas |
| Estado ordinario |
Gas (non magnético) |
| Punto de fusión |
202 K |
| Punto de ebulición |
211.5 K |
| Punto de inflamabilidade |
{{{P_inflamabilidade}}} K |
| Entalpía de vaporización |
18.10 kJ/mol |
| Entalpía de fusión |
3.247 kJ/mol |
| Presión de vapor |
|
| Temperatura crítica |
K |
| Presión crítica |
377 K, 6.28 Pa |
| Volume molar |
m3/mol |
| Velocidade do son |
m/s a 293.15 K (20 °C) |
| Varios |
| Electronegatividade (Pauling) |
2.2 |
| Calor específica |
94 J/(K·kg) |
| Condutividade eléctrica |
S/m |
| Condutividade térmica |
0.00364 W/(K·m) |
| 1.ª Enerxía de ionización |
1037 kJ/mol |
| 2.ª Enerxía de ionización |
kJ/mol |
| 3.ª Enerxía de ionización |
kJ/mol |
| 4.ª Enerxía de ionización |
{{{E_ionización4}}} kJ/mol |
| 5.ª Enerxía de ionización |
{{{E_ionización5}}} kJ/mol |
| 6.ª Enerxía de ionización |
{{{E_ionización6}}} kJ/mol |
| 7.ª Enerxía de ionización |
{{{E_ionización7}}} kJ/mol |
| 8.ª enerxía de ionización |
{{{E_ionización8}}} kJ/mol |
| 9.ª Enerxía de ionización |
{{{E_ionización9}}} kJ/mol |
| 10.ª Enerxía de ionización |
{{{E_ionización10}}} kJ/mol |
| Isótopos máis estables |
|
|
| Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria. |
Pechar
É un elemento altamente radioactivo e gasoso, encadrado nos gases nobres.
O radon é o produto da desintegración do radio (226Ra). O isótopo 219Rn é produto da desintegración do actinio, chamado actinón e ten unha vida media de 4 segundos. Ademais de todos estes, o radon ten 22 isótopos artificiais, producidos por reaccións nucleares por transmutación artificial en ciclotróns e aceleradores lineais. O isótopo máis estable é o 222Rn, tamén o máis abundante, cunha vida media de 3,8 días e é produto da desintegración do 226Ra. Ó emitírenlle partículas alfa convértese en 218Po.