Promecio
elemento químico de número atómico 61 From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O promecio ou prometio[1] é un elemento químico da táboa periódica cuxo símbolo é Pm e o seu número atómico é 61. Algún tempo denominóuselle ilinio (por Illinois). Aínda que, tras a observación de certas liñas espectrais, algúns científicos reclamaron descubrir este elemento na natureza, ninguén puido illalo de substancias naturais.
Remove ads
Descrición
Xérase artificialmente en reactores nucleares, xa que é un dos elementos resultantes da fisión do uranio, do torio e do plutonio. Todos os isótopos coñecidos son radioactivos. Utilízanse principalmente en investigación con trazadores.
Súa aplicación principal é na industria de substancias fosforescentes. Tamén usase en fabricación de calibradores de aberturas e en baterías nucleares empregadas en aplicacións exoespaciais (espazo exterior).
En 1902, Brauner predixo a existencia deste elemento. Diversos grupos argumentaron que o obtiveron, pero -debido á dificultade para separar o prometio doutros elementos- non puideron confirmar tales descubrimentos. Jacob A. Marinsky, Lawrence E. Glendenin e Charles D. Coryell, en 1944, probaron a existencia do prometio.
Demasiado ocupados coas investigacións relacionadas coa defensa durante a segunda guerra mundial, non reivindicaron seu descubrimento ata 1947. O obtiveron analizando subprodutos da fisión do uranio xerados nun reactor nuclear situado nos laboratorios Clinton, en Tennessee.[2][3]
- Jacob A. Marinsky
- Lawrence E. Glendenin
- Charles D. Coryell
Actualmente o prometio recuperase aínda de subprodutos da fisión do uranio. Tamén se pode producir mediante o bombardeo de 146Nd con neutróns. Por captura dun neutrón, este núcleo transformase en 147Nd (cuxa vida media é de 11 días), que por emisión dunha partícula beta transmutase en 147Pm. Aínda que na Terra non existe naturalmente, detectouse no espectro dunha estrela da constelación de Andrómeda.
A vida media do isótopo máis estable do prometio, o 145Pm, é de 17,7 anos. Mediante captura electrónica decae en 145Nd.
O prometio poderíase aproveitar para a elaboración dunha batería que funcione con enerxía nuclear, que usaría as partículas beta emitidas pola transmutación do prometio para propiciar que unha substancia fosforescente emitira luz, que á súa vez mediante un dispositivo similar a un panel solar se convertería logo en electricidade. Estimase que este tipo de batería podería subministrar enerxía durante cinco anos.
Así mesmo o prometio se podería usar:
- Como fonte portátil de raios X
- En xeradores termoeléctricos de radioisótopos para subministrar electricidade a sondas exoespaciais (espazo exterior) e satélites
- Como fonte radioactiva para instrumentos de medición de espesores; d) para elaborar láseres destinados a comunicación con submarinos no seu ámbito habitual (somerxidos).
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads