Lantano
elemento químico de número atómico 57 From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O lantano é un elemento químico da táboa periódica cuxo símbolo é La e o seu número atómico é 57.
Remove ads
Historia
Foi descuberto polo químico sueco Carl Gustaf Mosander no ano 1839. O seu nome débese á verba grega lanthaneîn (λανθανεῖν) que significa "agochado", xa que o atopábase "agochado" nun mineral de cerio. Concretamente, Mosander descubriu o lantano no nitrato de cerio impuro.
Aplicacións
- Aliado có cerio, neodimio, praseodimio, gadolinio e iterbio forma a aliaxe chamada mischmetal, empregada para fabricar pedras para chisqueiros.
- O óxido de lantano confire ao vidro resistencia ás bases i emprégase para a fabricación de vidros ópticos especiais, ademais de para fabricar crisois.
- É unha das compoñentes das pantallas intensificadoras de unidades de raios X.
- O carbonato de lantano emprégase no tratamento da insuficiencia renal crónica pola súa capacidade de formar complexos insolubles con fosfatos, reducindo así a hiperfosfemia.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads