Telurio

elemento químico de número atómico 52 From Wikipedia, the free encyclopedia

Telurio
Remove ads

O telurio é un elemento químico da táboa periódica. O seu símbolo é Te e o seu número atómico é 52. É un metaloide que se encontra no grupo 16 e o período 5 da táboa periódica. A temperatura ambiente, o telurio encóntrase en estado sólido. Foi descuberto, no ano de 1782 ou 1783, na calaverita por Franz Joseph Müller von Reichenstein, e illado en 1798 por Martin Heinrich Klaproth, quen lle dá o nome derivado da palabra latina para o planeta Terra, tellus. É usado principalmente en aliaxes metálicas e como semicondutor.

Datos rápidos Información xeral, Propiedades atómicas ...
Remove ads

Características principais

O telurio é un elemento relativamente raro, pertence a mesma familia química do osíxeno, xofre, selenio, e polonio, todos denominados calcóxenos.

Cando é cristalino, o telurio é branco-prateado, e cando está na forma pura presenta un brillo metálico. É un semimetal (metaloide), fráxil e facilmente pulverizable. O telurio amorfo pode ser obtido por precipitación dunha solución de ácido teluroso ou ácido telúrico. Tamén existen algunhas controversias en canto ao feito deste telurio ser realmente amorfo ou constituído de minúsculos cristais. O telurio é un semicondutor do tipo que demostra condutividade maior en determinadas direccións, dependendo do aliñamento atómico.

Relacionado quimicamente ao selenio ou ao xofre, a condutividade do telurio aumenta lixeiramente cando é exposto á luz. Pode ser dopado con cobre, ouro, prata, estaño ou outros metais. O telurio, cando é queimado en presenza do ar , produce unha chama azul esverdeada, e forma o dióxido de telurio (TeO2) como produto. Cando é fundido, o telurio ten a capacidade de corroer o cobre, o ferro e o aceiro inoxidable.

Remove ads

Isótopos

Coñécense 30 isótopos do telurio con masas atómicas que flutúan entre 108 e 137. Na natureza hai 8 isótopos do telurio, dos cales tres son radioactivos. O 128Te ten o período de semidesintegración máis longo coñecido entre todos os radioisótopos de telurio (2,2·1024 anos). O telurio é o elemento con menor número atómico que pode experimentar a desintegración alfa; cos isótopos do 106Te ao 110Te pode experimentar este tipo de desintegración.

Remove ads

Abundancia e obtención

Thumb
Barra de telurio puro

O telurio pode obterse combinado con ouro na calaverita, un mineral metálico relativamente pouco abundante.

Telururo de cadmio

O telururo de cadmio (CdTe) é un composto cristalino formado por cadmio e telurio. Emprégase como ventá óptica de infravermellos e como material de célula solar. Polo xeral, intercálase con sulfuro de cadmio para formar unha célula fotovoltaica de unión pn. Normalmente, as células de CdTe utilizan unha estrutura n-i-p .

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads