Talio

From Wikipedia, the free encyclopedia

Talio
Remove ads

O talio é un elemento químico da táboa periódica de símbolo Tl e número atómico 81. Este metal do bloque p gris, brando e maleable é semellante ao estaño, pero decolórase exposto ao aire. É moi tóxico e empregouse como rodenticida e insecticida, pero este uso diminuíu ou eliminouse en moitos países debido aos seus efectos canceríxenos. Tamén se emprega en detectores infravermellos.

Datos rápidos Información xeral, Propiedades atómicas ...
Remove ads

Historia

O talio (grego: 'θαλλός', thallos)[2] descubriuse polo medio de espectroscopia de chama en 1861.[3] O seu nome provén do brillo de cor verde nas liñas do espectro de emisión do elemento.[4]

Trala publicación do método mellorado de espectroscopia de chama por Robert Bunsen e Gustav Kirchhoff[5] e o descubrimento do cesio e o rubidio entre 1859 e 1860, este converteuse nun método aprobado para determinar a composición de minerais e substancias químicas, e William Crookes e Claude-Auguste Lamy comezaron a empregar este novo método. William Crookes empregouno para realizar determinacións espectroscópicas de telurio en compostos de selenio.[6][7] En 1862, Crookes conseguiu illar pequenas cantidades do elemento e determinar as propiedades dalgúns compostos.[8] Claude-Auguste Lamy usou unha técnica semellante á de Crookes para determinar a composición dunha substancia que contiña selenio, depositada durante a produción de ácido sulfúrico a partir de pirita. A partir das liñas de cor verde no espectro conluíu que estaba presente un novo elemento, o talio.[9]

Remove ads

Obtención

Obtense principalmente das partículas dos fumes de chumbo e cinc fundidos, e dos lodos obtidos da fabricación de ácido sulfúrico. O metal obtense por electrólise dunha disolución acuosa das súas sales. Tamén se obtén por redución con sodio metálico e por precipitación.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads