Francio

elemento químico de número atómico 87 From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O francio (en homenaxe a Francia) é un elemento químico de símbolo Fr , número atómico 87 (87 protóns e 87 electróns) que ten unha masa atómica [223] u. É un elemento metálico, radioactivo, existente no grupo alcalino da clasificación periódica dos elementos. A temperatura ambiente, o francio encóntrase en estado líquido.

Datos rápidos Información xeral, Propiedades atómicas ...

Foi descuberto en 1939 por Marguerite Perey, no Instituto Curie de París, como resultado do decaemento radioactivo do isótopo ástato-227.

Remove ads

Características principais

O francio é o metal alcalino máis pesado, resulta do decaemento alfa do actinio e é o elemento máis electropositivo. Todos os seus isótopos son radioactivos e teñen unha vida curta.

Pode ser producido sinteticamente a través do bombardeamento de torio con protóns. Pode ser producido tamén bombardeando radio ou ástato con neutróns.

As propiedades químicas probablemente son semellantes ás do cesio, con estado de oxidación +1, ou sexa, oxidándose con osíxeno, reaccionando con auga formando base, con ácidos formando sales, e cos halóxenos.

Remove ads

Historia

Déuselle nome a este elemento en homenaxe a Francia, onde foi descuberto en 1939, por Marguerite Perey (que traballou como asistente de Marie Curie) no "Instituto Curie" de París. Este elemento detectouse por Perey cando estudaba o decaemento radioactivo do actinio-227 ,verificando como produto de decaemento un novo elemento, de número atómico 87.

A estrutura atómica do francio estudouse entre 1970 e 1980 por un equipo de investigadores liderados por Sylvain Lieberman.

Non existe, fóra da investigación científica, ningunha aplicación deste elemento e dos seus compostos. Debido á súa vida moi curta non é posible obter este elemento en cantidades comerciais significativas.

Remove ads

Ocorrencia

Ocorre naturalmente nos minerais de uranio. Estímase que, debido a súa inestabilidade, existen unhas poucas decenas de gramos deste elemento na codia terrestre. De entre os elementos da táboa periódica con número atómico inferior a 101 é o máis inestable .

Isótopos

Existen 41 isótopos de francio coñecidos. Cunha vida media de 22 minutos, o isótopo Fr-223 é o de máis longa vida deste elemento. É resultante da deterioración do isótopo ástato-227, sendo o único isótopo que ocorre naturalmente. Tódolos demais son altamente inestables, consecuentemente, Só se pode ter coñecemento das propiedades deste elemento mediante procedementos radioquímicos.

Como todo elemento radioactivo existe o perigo da contaminación por aqueles que o manexan.

Remove ads

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads