Antimonio
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O antimonio é un elemento químico de número atómico 51, e que comparte coa auga a propiedade química de dilatarse ó baixar de certa temperatura. Está situado no grupo 15 da táboa periódica dos elementos e o seu símbolo é Sb.
Remove ads
Nomenclatura
Os árabes chamaban "al ithmid" a un mineral que usaban as mulleres do antigo Exipto para enzoufar as cellas e ás veces tamén a cara, nome relacionado con máscara. Tamén hai vasos e cerámica caldea, datados con 6000 anos de antigüidade, decorados con este mineral [Cómpre referencia]. Os gregos chamábanlle "anthemonium". O nome actual de antimonium débese ao alquimista sevillano do século VIII Abu Musa Yabir al-Sufi coñecido como Geber (721-815).
A súa abreviatura está relacionada co mineral do que foi extraído, a estibina, que é sulfuro de antimonio (Sb3S2). En latín o nome deriva, de novo, da propiedade de adornar ou embelecer que tiña o mineral estibina, marca, de aí o seu nome "stibium". O símbolo do elemento, seguindo as normas de Berzelius, non podía ser S porque xa fora asignado ao xofre, polo que foi nomeado Sb.
En 1604 o monxe Basilius Valentinus (1565-1624) publicou o libro Triumph-Wagen des Antimoni ("A carroza triunfal do Antimonio"), no que comparaba o antimonio co mercurio na súa importancia para as transmutacións dos alquimistas, a quintaesencia da materia.
Remove ads
Extracción
A finais do século XIX extraeuse antimonio en Biobra (Rubiá, comarca de Valdeorras).
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
