Galio

elemento químico de número atómico 31 From Wikipedia, the free encyclopedia

Galio
Remove ads

O galio é un elemento químico da táboa periódica dos elementos de número atómico 31 e símbolo Ga.

Datos rápidos Información xeral, Propiedades atómicas ...
Remove ads

Características principais

O galio é un metal brando, agrisado en estado líquido e prateado brillante ao solidificar, sólido deleznable a baixas temperaturas que funde a temperaturas próximas á da ambiente (coma o cesio, o mercurio e o rubidio). O rango de temperatura no que permanece líquido é un dos máis altos dos metais (2174 °C separan os seus puntos de fusión e ebulición) e a presión de vapor é baixa ata altas temperaturas. O metal expándese un 3,1% ao solidificar e flota no líquido do mesmo xeito que o xeo na auga.

Presenta unha acusada tendencia a subenfriarse por baixo do punto de fusión, permanecendo aínda en estado líquido. A cristalización non se produce en ningunha das estruturas simples; a fase estable en condicións normais é ortorrómbica, con 8 átomos en cada cela unitaria na que cada átomo só ten outro na súa veciñanza máis próxima a unha distancia de 2,44 Å e estando os outros seis a 2,83 Å. Nesta estrutura o enlace químico formado entre os átomos máis próximos é covalente sendo a molécula Ga2 a que realmente forma o armazón cristalino.

Remove ads

Historia

O seu nome procede do latín Gallia, "Francia", onde foi descuberto[2] mediante espectroscopia por Lecoq de Boisbaudran en 1875 polo seu característico espectro (dúas liñas ultravioletas) ao examinar unha lámina de zinc procedente dos Pireneos. Ese mesmo ano illouno por electrólise do hidróxido nunha solución de hidróxido potásico (KOH).

Aplicacións

A principal aplicación do galio (arseniuro de galio) é a construción de circuítos integrados e dispositivos optoelectrónicos como díodos láser e LED.

  • Emprégase para dopar materiais semicondutores e construír dispositivos diversos coma transistores.
  • Emprégase en termómetros de alta temperatura polo seu baixo punto de fusión.
  • O galio aléase con facilidade coa maioría dos metais e úsase en aliaxes de baixo punto de fusión.
  • O isótopo Ga-67 úsase en medicina nuclear.

Abundancia e obtención

Áchanse trazas do metal en minerais coma a bauxita, o carbón, o diasporo, a xermanita e esfalerita, e obtense coma subproduto nos procesos de obtención de varios metais.

Precaucións

Debido á expansión ao solidificarse o líquido, non se debe almacenar en recipientes ríxidos (metálicos ou de vidro) nin encherse o recipiente totalmente con galio líquido.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads