Neon

elemento químico de número atómico 10 From Wikipedia, the free encyclopedia

Neon
Remove ads

O neon[2] é un elemento químico de número atómico 10 e símbolo Ne. É un gas nobre, incoloro, practicamente inerte, presente en trazas no ar, pero moi abondoso no universo, que proporciona un ton avermellado característico á luz das lámpadas fluorescentes nas que se adoita empregar.

Datos rápidos Información xeral, Propiedades atómicas ...
Remove ads

Historia

O neon (do grego neos, novo) foi descuberto por William Ramsay e Morris Travers en 1898 mediante a destilación fraccionada do aire líquido.

Características principais

É o segundo gas nobre máis lixeiro, e presenta un poder de refrixeración por unidade de volume 40 veces maior que o do helio líquido e tres veces maior que o do hidróxeno líquido. Na maioría das aplicacións o uso de neon líquido é máis económico que o do helio.

Abundancia e obtención

O neon atópase usualmente en forma de gas monoatómico. A atmosfera terrestre contén 15,8 ppm e obtense por subenfriamento do aire e destilación do líquido crioxénico resultante. O neon é o quinto elemento máis abundante no universo por masa, tras o hidróxeno, o helio, o osíxeno e o carbono. Atópase en pequenas cantidades na atmosfera e na codia terrestre áchase nunha proporción de 0,005 ppm.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads